GMH/ÍNDICE A-Z

92

1418, xullo, 16.
O pregoeiro Domingo Longo declara ter feito o pregón sobre a obrigación dos veciños que teñan un estranxeiro na súa casa de daren conta ó Concello.
O Concello ordena que os veciños que teñan as chaves das portas da cidade, as pechen cada noite.

Dia sabado des e seis dias do mes de julio, en presença de min o dito notario e escusador, pareçeu Domingo Longo e dou fe, que por mandado dos alcalles e regedores e omes bõos, jurados da dita çidade pregoara a altas vozes por las praças e mercados acustumados desta dita çidade estas cousas que se segen: Mandaron as justiças de parte de noso señor o arçobispo que qualquer vesiño ou outra persona morador enna dita çidade que reçeber en sua casa e pousada de morada ome que seja estrangeiro e o tal home feser algũo mal ou daño erma dita çidade, asy de noyte como de dia que o vesiño ou persona que o asy reçeber seja tiudo de pagar e enmendar o daño ou malfeytoria que asy feser a tal persona que el acolleu e acoller en sua casa e pousada. Outrosi mandan que aqueles que tẽe as chaves das portas da çidade que as çarren e fechen de cada noyte so pena de saseentos maravedis a cada hũu por cada ves que as non çarrasen de noyte e ficaren abertas. E de como o dito Domingo Longo dou fe em como fesera o dito pregon segundo que suso he declarado. Pero Leiteiro, procurador do dito conçello pedeu a min o dito notario e escusador que desse delo testemoyo. Testemoyas que a esto foron presentes, Pero Afonso, notario apostolico, e Fernan da Pova e Pero Afonso e (...) demandador, vesiños da dita çidade. //
(Fol. 49)