342
agosto, 14
Estevo Anes, herdeiro e cumpridor de Xoán Caldelao, recoñece as actuacións feitas por dous cuñados deste para reclamar determinados bens en Chaves e outorga poder para outras futuras. (fol. 105-105v)
Estevo Yanes, Joan de Barreyro e Roy de
Bilariño.
Et despois desto, sabado qatorse dias do mes de agosto, Estevo Yanes diso que por rason que Joan de Barreyro morador en Chaan de Igleia et Roy de Bilariño morador enno couto de Monte de Ramo foron a vyla de Chaves por demandar os beens de Joan de Seixalvo e por rason que o dito elles son casados con duas yrmaas do dito Joan de Seixalvo, por lo qual foran por los ditos beens et por quanto o dito o dito Joan Cal (fol. 105)
dellaao ante de seu finamento fesera seu testamento en que fesera por conpridor ao dito Estevo Yanes et herdeiro a Maria Anes sua filla, segundo que se enno dito testamento contyña etç. por ende quanto os sobre ditos Joan de Barreiro e Joan de Bilariño tomaron sobre los ditos beens çertos testemunyos contra os juises de Chaves e espiçialmente contra Roy Martines juis de Chaves etç. enno qual deran suas escusas, por ende que el que avya por firme todo o que elles avyan feito e fesesen des aqui en deante et para que posan faser et tomar outros testemunyos e requerimentos contra o conde como contra outras personas e faser prenda e pinora etç. por los ditos beens etç. et obrigou se os beens do dito Joan de Seixalvo etç. Tests. Poder abastante etç. Tests. Afonso de Betanços notario et Gonçalvo Garçia de Mugares e Gonçalvo Chamorro de Seixalvo.