GMH/ÍNDICE A-Z

220
1334, setembro, 5 (Pereiro)
avinza

Roi Martínez de Sabadelle e Martín Iáñez establecen avinza na contenda que sostiñan sobre a doazón dunha herdade que a este último lle fixera Ares de Revoredo, acórdáse o pagamento anual de dúas fanegas de pan a Roi Martínez pola súa renuncia aos dereitos sobre a dita herdade.

ACOu, Escrituras XIV, 117

Sabeam quantos esta cartra virem que sobre contenda que era entre Roy Martinez de Sabadelle da una parte et Martin Anes morador en Revoredo que he na friguisia de Sam Miguell de Calvelle da outra (...) contendiam sobre razon duna doaçon que Ares Perez de Revoredo que foy fezera ao dito Martin Anes por unna carta feyta por notario de unna herdade estremadamente sen a outra que o dito Ares Perez avya, que se conten (...) carta da doaçon. Et o dito Roy Martinez dizia que o dito Ares Perez fezera a este Roy Martinez carta fey(ita ...) doaçon de quanto avya ante que a fezesse ao dito Martin Anes. Estas partes sobre ditas de seu prazer por se par(tir de) custas e de danos e de juyzo e de traballo a atal aviinça valedeira para senpre veeron, conven a saber que o (dito) Martin Anes e sua voz para senpre diam cada anno ao dito Roy Martinez e a sua voz eno tenpo do novo duas (fan)egas de pan por fanega dereita de seys çeramiis d’Ourense, as duas terças de çenteo e a una de serodeo. Et (por) esto o dito Roy Martinez quita e renunçia para senpre ao dito Martin Anes e a sua voz todo quanto dereito á ena dita herdade e se conten ena sobre dita carta da doaçon que o dito Ares Perez fezo ao dito Martin Anes, salvo do quiñon das castanas do casar do Rygueiro que ficam ao dito Roy Martinez e a sua voz para senpre con a outra herdade que o dito Ares Perez avya. Et anbas las partes obrigaron sy e seus beens por sy e por sua voz para senpre aguardar e conprir todo quanto sobre dito he supena de çem mor. de brancos. Feyta a carta eno Pereiro de terra d’Aguiar a çinqo dias de setenbro, era de mill e ccclxxii annos. Tests. Martin de Deus juys en terra d’Aguiar, Martin Perez e Fernan Terreiro clerigos de Ourense, Johan Perez de Vilaboa, Domingo Martinez de Nugueiroaa.

Et eu Affonso Eanes notario jurado en terra d’Aguiar en lugar de Affonso Eanes notario pubrico na dita terra porla ygleia de Santiago a esto presente foy et escrivy ende duas cartas en un tenor a rogo e a pidimento das partes sobre ditas et en cadauna delas meu sinal puge que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta de Roy Martinez de Sabadelle do casar

do Regeyro.