GMH/ÍNDICE A-Z

H2
1435, decembro, 2
O racioneiro Afonso Ares, reitor da igrexa de San Martiño de Mugares, afora a perpetuidade ao cóengo Álvaro de Aguiar unha cortiña sita no Outeiro, previamente revertida, pertencente á dita igrexa, por 10 mrs. de renda anual. (fol. 1-1v)

Feita e dada, notada enno Carta de Alvaro d’Agyar coengo. libro manual.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu Afonso Ares, raçoeyro enna iglesia d’Ourense e reytor da iglesia de San Martiño de Mugares, de liçençia et autoridade de don Fernando Anes, arçediano de Castela enna iglesia d’Ourense e vigario jeeral enna iglesia, çibdade et obispado d’Ourense por don Diego obispo do dito obispado d’Ourense, que me da liçençia et autoridade para esto que se adiante sige, dou e outorgo aforo a vos Alvaro d’Agyar coengo enna iglesia d’Ourense et a todas vosas voses para senpre, conben a saber que vos aforo huun cortina que esta ao Outeiro e parte de huna das partes con orta de Meen Rodrigues de Paradela et do cabiidoo et en çima topa em chousa de Afonso do Cabo et con o baçelo de Roy Suares et enbaixo enno rio da Barbana et ten a porta contra (fol. 1)
(...) do Posyo, a qual dita chousa foy de Maria Fernandes (...)etioma por que a aforase a vos, et eu reçeby(n)a, en que faço vos foro dela por tal condiçon que a reparedes etç., façades dela foro de cada huun anno a dita mina iglesia /a min\ e aos reytores que despois de min foren reytores dela, dez mrs. de dños. brancos de dez dños. cada mr. /por cada dia de San Martiño\ e do al de disemo a deus etç. et se quiserdes vender, deytar ou supinorar etç. et non faredes manda nen oniversario etç. et obrigo os bens da dita mina iglesia etç. Et eu o dito Alvaro d’Agyar obrigo meus beens de pagar de cada anno os ditos dez mrs. etç. Penna dosentos mrs. etç. Tests. Joan d’Agyar alfayate, Rodrigo escripvan et Gomes capelan do dito vigario. E eu o dito vigario asy dou a dita liçençia e autoridade por juramento que sobre elo saqey do dito Afonso Ares et por entrepoño a elo meu decreto e mando que valla segundo que he feito. Feita dous dias de desenbro do dito anno.