276
xuño, 6
Denuncia contra Mencía Álvarez e a filla de Men Suárez por agresión contra Elvira, cando viña do muíño con fariña, cerca do Posío. (fol. 88)
Afonso Caldellas e Rodrigo Afonso.
En este día, que son VI dias do mes de juyo, Afonso Caldellas et Rodrigo Afonso deron querella a Loys Gonçalves de Meçiia Alvares e da fylla de Meen Suares, que a nome (- - -) que en viindo Elvira mansa e segura con hun fol de fariña do muyno et viindo porlas lageas do Posio enna Canicouba, que aderençaran a ela e que a quiseran mataran e que lle deran moytas paancadas, por ende que llo davan por querella e que lle fesesen conprimento de dereito etç. senon que protestavan de se querellar a el rey e suas justiças etç. et o dito Loys Gonçalves diso que lle pesava delo et que desen a querella a seu conpaneiro e que porla sua parte que era prestes de faser conprimento de dereito e de justiça etç. Tests. Fernando Ramos, Alvaro Afonso, Gomes Ares. ( fol. 88)