GMH/ÍNDICE A-Z

67
1309, setembro, 22
venda

Xoán Domínguez de Guillomir véndelles a Salvador Domínguez e á súa muller, Esteveíña Fernández, os seus quiñóns de dúas leiras, un liñar e unha casa e curral, por 200 mrs. de moeda portuguesa.

ACOu, Escrituras XXI, 92

Era de mill e cccxclvii anos, xxii dias de setenbro. Sabian quantos esta carta viren como eu Abril Tome en senbra (...) Dominguez de Gillemir por min e por mina moller Marina Vasquez que outorga (...) desta carta, vendo a vos Salvador Dominguez e a vossa moller Esteveyña Fernandez o quiñon que eu e a dita mina moller avemos enna leyra da Carreyra Cova e o liñar da Pereyra e o meu quiñon da leyra da Alvariça e o meu quiñon da casa e do curral en que mora Domingo (Moureiro) que é (...). Vendo vos esto que dito é con entradas, con seydas, con todos seus jures e con todos seus dereytos por u quer que os aian e (...) a aver, que as aiades vos e toda vossa voz depus vos por senpre de jur e por herdade, por duzentos mor. desta moeda portugeesa de que contan xvi pares de diñeiros por tres mor. que de vos reçebi que tanto a min e a vos aplougo e de que me outorgo que soon ia ben pagado, e outorgo a anparar e deffender vos con esto que dito e por min e por todas minas boas. Et quen contra esta mina venda e vossa conpra veer quanto demandar peyteo a vos dobrado e peyte aa voz del rey quatroçentos mor. e a venda fique firme e estavil e valla para senpre. Tests. que presentes foron Johan Perez alffayate, Johan (do Carvallo ...) Pero Dominguez de Quilmelas.

Et eu Estevoon Martinez notario jurado publico del rey en Limia e notario en Allariz do inffante don Felippe que a escrivi e presente foy a esto e este meu signo y fiz.

(sinal)