GMH/ÍNDICE A-Z

22

xaneiro, 8

Xoán Fernández, clérigo do coro da Catedral e capelán de Santa María a Nova, afora a cinco voces a Xoán de Faro unha leira de viña sita nas Laxeas, lindante co Barbaña, por dous puzais de viño cada ano. (fol. 6-6v)

Feita e dada.

Carta de Joan de Faro, pagadas V brancas.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu, Joan Fernandes, clerigo do coro da igleia d’Ourense et capelan da capela de Santa Maria a Nova que ordenou frey Joan Rapos, sita enna dita igleia, de liçençia et autoridade de Martin Sanches abade da igleia da Triindade et provisor do obispado d’Ourense por señor don Diego obispo do dito obispado d’Ourense, que me da liçençia para esto que se (fol. 6)
adiante sige, dou et outorgo a foro a vos, Joan de Faro et a çinco voses apus vosa morte etç. Conven a saber que vos aforo huna leira de viña que esta enno lugar a que chaman As Lageas et parte con o rio da Barbana et da outra parte con viña de Pero Sanches de Pontevedra et da outra parte con viña de Alvaro Rodrigues barbeiro; aforovos a dita viña con todas suas entradas etç. por tal condiçon que a labredes et paredes e paredes ben etç. \e ontrechantedes/ e diedes et pagedes por ela de foro en cada huun anno dous puçaas de viño de lagar, a dorna a bica do lagar, do viño que deus der enna dita viña, et do al de disemo a deus e he condiçon posta que a ontre chantedes e se quiserdes vender, deytar, que primeiramente frontedes a min e aos capellans que despois de min foren da dita capela para que o ajamos porlo justo preço etç. E non faredes manda etç. E obrigo os beens da dita capela etç. Et eu, o dito Joan de Faro, obrigo meus beens de faser o dito foro dos ditos dous puçaas de viño de cada anno a dorna e a ontrechantar etç. Penna dosentos mrs. etç. Et eu, o dito vigario, asi dou a dita liçençia et mando que valla o dito foro segundo que he feito etç. por juramento que llello saquei do dito Joan Fernandes. Tests. Alvaro Fernandes coengo enna igleia d’Ourense et Fernando Muyneiro et Joan Fallaco, Rodrigo Peres clerigo de Prado. Feita VIII dias de janeiro, anno de XXXIIII annos sobre dito.