261
maio, 26
Pedro Sánchez de Pontevedra redime do pregoeiro dous bincos dourados. (fol. 85)
Domingo Fernandes.
Et despois desto, a XXVI dias do dito mes, Pero Sanches de Ponte Vedra se obrigou de quitar a paz e a salvo para senpre a Domingo Fernandes pregoeyro de dous bincos que lle o dito Domingo Fernandes entregou dourados que del tiña e con que o frontara e o dito Domingo Fernandes entregoullos e Pero Sanches ficou de o quitar dos ditos bincos de quen los demandase etç. Tests. Afonso Anriques e Diego da Agoada.