D17
1459, (marzo), 2
Xoán Vello arrenda durante vinte anos a Álvaro de
San Pedro unha leira de viña que el ten aforada, por 80 mrs. anuais a el
e outros 9 mrs. por dereitura ao propietario. (fol. 6)
(...) de viña foy de Pero Sanches padre (...) moller a qual vos arrendo porlo (...) ditos viinte annos con estas condiço(ons ...) paredes ben a dita leyra de viña et (...)ores que lle conpriren et foren neçesarias (...)des por onde lle faser mester et que a mante(nades ...) revor en tal maneira como non desfa(lesca ...)goa de lavor et de boon paramento et que (...) pagedes de renta en cada hun anno en (...) en salvo non enbargante grando nen giada nen (...)so fortetuyto (s)* oyteenta mrs. de moeda vella (...) tres dños. ou a estimaçon delles enna moeda que porlo (...) correr de cada anno por cada dia de San Joan bautista do mes de juyo et que pagedes mays de cada anno nove mrs. vellos ao senorio que ha de aver de cada anno porla dita leyra de (dereytura)* de viña de dereitura, et do al que a ajades a dita leyra de viña de disemo a deus livre et quite de todo outro trebuto, çenso et encarrego alguun, et se a quiserdes vender, deytar ou supinorar durante o dito tenpo que primeiramente frontedes con ela a dita miña moller e a min e nosas voses para que a ajamos porlo justo preço que vos outro por ela der
ante que a outro alguun, et obrigo todos meus beens et da dita miña moller movelles e reises avidos et por aver para vos faser saan et de pas a dita leyra de viña durante o dito tenpo et para vos defender con ela a dereito et de vosla non tirar nen tomar por mays que outro por ela dia, et avendoa de vender, deytar ou (p)* sopinorar que tanto por tanto que dia a vos o dito Alvaro de San Pero. Et eu o dito Alvaro de San Pedro que soon presente asy o outorgo et reçebo en min arrendada a dita leyra de viño de vos o dito Joan Velo en nomme da dita vosa moller por tenpo dos ditos viinte annos et de a lavrar et parar ben et pagar de cada anno os ditos oyteenta mrs. porlo dito dia de San Joan et mays os ditos nove mrs. de dereytura ao dito senorio et conprir et agardar todas las cousas et condiçoens que en esta carta son contiundas et cada huna dellas obrigo a ello todos meus beens da dita miña moller movelles et reyses avydos et por aver, et qual quer de nos as ditas partes que contra esto for ou pasar et o non conprir et agardar que peyte aa parte agardante por nomme de (pena) mill mrs. de boa moeda et a vos del rey outros t(antos) et a dita pena pagada ou non esta carta et as cou(sas ...) contiundas fiquen firmes e vallan por tenpo dos d(itos ...). Feita enna çidade d’Ourense, dous dous dias do mes (...) LIX annos. Tests. que foron presentes Alvaro (...) et Gonçalvo Gago et Joan de Meijon (...) (fol. 6)