361
agosto, 23
Rodrigo Calvo presenta ante a casa do recadador Iudá Pérez, en ausencia deste, certa cantidade de diñeiro e unha taza de prata para redimir unha casa que lle tiña en peñor por impagos. (fol. 109)
Rodrigo Calvo.
En este día Rodrigo Calvo presentou ante as portas de Yuda Peres recadador hun correo con dineiros et huna taça de prata e diso que por rason que Yuda Peres lle tragia a vender huna sua casa por çertos mrs. que lle devia, por ende que lle presentava os ditos mrs. para en pago do que lle devia et que protestava que por quanto o non achava, de seu dereito non peresçer e de os pagar a todo tenpo etç. Tests. Afonso do Cabo et Rodrigo Afonso notario et Pero Gonçalves.