GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

358
1362, setembro, 9 (Traslado feito o 12 de novembro de 1384)
testamento

Testamento de Roi Fernández de Calvos, escudeiro.

ACOu, Escrituras I, 16

Enno nomme de deus amen. Sabean quantos esta carta de testamento viren que en presença de min Martin Gonçalvez notario publico d’Ourense por la igleia desse lugar e das tests. adeante escriptas, ante Affonso Peres dito de Santa Marina coengo d’Ourense et vigario do onrrado padre e señor don frey Affonso da orden de San Françisco por la graça de deus e da santa igleia de Roma obispo d’Ourense, apareçeron Affonso Gonçalvez de Monfforte escudeiro de don Fernando de Castro et Gonçalvo Martines alffagime moradores en Ourense et presentaron ante o dito vigario hun escripto en papel, o qual andava çerrado con duas jenuas de papel e seellado con dous seellos de çera verde, et andava escripto ennas costas ‘foy outorgado nove dias de setenbro na era que se conten en el. Eu Garçia Gonçalvez soon test. Eu Pero Marçia notario escripvy este testamento e soon test. Garçia fillo de Fernan Dominguez soon test. Fernan Raveenda, Johan de Seixalvo omes de Fernan Gonçalvez Ougea, Roy Fernandes et Johan Rodriguez yrmao de Garçia Rodriguez mercador, Pero Lopes e Roy Lopes seu irmao, Pero Garçia e Lopo Fernandes de Milide e Affonso Caldellao’. O qual escripto tragia enna mao o dito Pero Maçia notario disendo que lle dera o dito escripto de testamento o dito Roy Fernandes asy çerrado e seelado que o gardase, jasendo doente daquela door de que se finou. O qual escripto deu a min notario. Et os ditos Affonso Gonçalvez e Gonçalvo Martines pediron ao dito vigario que por rason que a elles era dito que o dito Roy Fernandes os leixara por seus conpridores que reçebisse sobrelo juramento e verdade destas tests. sobre ditas que enno dito escripto andavan escriptas, et estavan antel, et mandasse abril e publicar ante sy o dito escripto. Et logo o dito vigario mostrou o dito |es|escripto asy çerrado e seelado aos ditos Pero Lopes e Roy Lopes seu yrmao e Johan Rodriguez yrmao de Garçia Rodriguez et Garçia Fernandes lavrador. Et reçebeo delles juramento sobre santos avangeos que elles ben e verdadeyramente dissessen verdade do que soubesen, et por que fossen preguntados sobrela dita rason, pelo qual juramento lles mandou que se o dito Roy Fernandes dera o dito escripto por seu testamento e por sua pustrumeira voentade, et se era aquel o dito escripto. Et os ditos Affonso Gonçalvez e Pero Lopes e Roy Lopes et Pero de Sobrado notario e Johan Rodriguez yrmao de Garçia Rodriguez sobre ditos, todos acordados con o dito escripto, todos en concordia disseron pelo juramento que feseron que aquel era o escripto que o dito Roy Fernandes dera e outorgara por seu testamento e por sua pustrumeira voentade, jasendo el doente en aquelas suas casas en que morava daquella doença de que se finara, con todo seu sisso e entendemento conplido, segundo que a elles paresçia, et que o fezera çerrar ante sy e seellar dos ditos seellos, et que o mandara dar ao dito Pero Maçia que o gardase, et o dito Pero Maçia disso que o escrivyra e o tevera senpre en seu poder ata agora. O qual juramento e verdade asy reçebudo das ditas tests. logo o dito vigario abrío o dito escripto de testamento et mandou o leer e publicar ante sy por min dito notario, do qual o tenor atal he:

Era de mill e quatroçentos annos, nove dias do mes de setenbro. Enno nomme de deus amen. Sabean quantos este testamento viren que eu Roy Fernandes dito de Calvos escudeiro morador en Ourense enna rua do Pumar, jasendo doente de inffirmi[da]de, et temendome de morte et por tal que despoys de miña morte non veña contenda ontre alguuns sobre meus beens, por ende faço e ordeno delles meu testamento e miña pustrumeira voentade valledeira para senpre en esta maneira: Primeiramente dou a miña alma ao meu señor Jhesu Cristo que a conprou pelo seu sangre santo preçioso et peço e rogo aa virgen santa Maria sua madre que seia miña avogada aa ora da morte e ao dia do juyzo, et rogo a todos los santos e santas da groria do pareyso que lle roguen por min que me queyra perdoar os meus pecados e me aia remiimento aa miña alma. Et mando enterrar meu corpo hu for merçee de deus et hu se çertar, pero que se eu mor[r]er en esta vila d’Ourense mando que me soterren enna costra de Santa Maria a Madre hu jaz miña madre etç. Et se morrer en esta vila d’Ourense mando aos coengos e pessoas da igleia d’Ourense çinqoeenta mor. por condiçon que me veñan faser onra con a proçisson et digan por miña alma huna missa cantada en aquell dia que me enterraren. Iten mando ao cabidoo da dita igleia d’Ourense hunas casas que eu teño en Ourense enna rua do Pumar de disemo a deus a par doutras casas que eu teño afforadas do cabidoo, as quaes estan entre as casas que ten Garçia Rodriguez mercador et as outras que eu teño afforadas do cabidoo. Iten lles mando aynda con esto que sobre dito he ho meu quiñon das casas en que mora Fernan Ares et Costança Eanes, que estan aa entrada da rua Escura que foron de Fernan Pereyras et ho meu quiñon das outras casas que ten Lourenço Anes notario d’Ourense fillo de Johan Mercador que foy, por tal condiçon que façan cada anno hun universsario porlla miña alma et de Fernan Eanes et de Ouffemea Anes e de Maria Fernandes en vespera de Santa Margarida, et que vaan sobre miña supultura meter oraçon etç. Et faço heree deste meu testamento e miña pustrumeira voentade en todos los outros meus beens que non ey mandados a Vaasco Rodriguez meu fillo, et morendo o dito meu fillo se[n] ydade conprida sustituyo por meus herees deste meu testamento e miña pustrumeira voentade a Affonso Gonçalvez, escudeiro do conde don Fernando de Castro, morador en Ourense enna rua dos Çapateiros et Gonçalvo Martines alffagime meu parente morador en Ourense enna rua en que moran os alfagimes. Et mando \que/ teñan anbos de por meo os ditos meus beens. Et morrendo hun que se tornen os ditos meus beens enno outro que ficar vivo. Et morrendo anbos mando que os ditos meus beens que se vendan et se dian por la miña alma e daquelles que os gaañaron. Aynda os faço conpridores e eysecutores deste meu testamento e miña pustrumeira voentade aos ditos Affonso Gonçalvez et Gonçalvo Martines. Et mando que o conpran pellos meus beens et sen seu danno. Et quero e mando et outorgo que este seia meu testamento e miña pustrumeira voentade valledeiro para senpre. Et se outro testamento ou testamentos, manda ou mandas, codiçillo ou codiçillos alguuns teño feytos ante deste revogoos e mando que non vallan nen aian firmidume en nihuna tenpo nen en nihuna maneira, salvo este que ora faço que he escripto por mao de Pero Maçia notario publico d’Ourense, que dou e outorgo por meu testamento e por miña pustrumeira voentade valedeiro para senpre. Et quen quer da miña parte ou da estraya que contra este meu testamento e miña pustrumeira voentade quiser passar en parte ou en todo aia a yra de deus e a miña maldiçon et peyte a meu heree por nomme de penna mill mor. da boa moeda et a voz del rey outros tantos, et a dita penna pagada ou non este meu testamento e miña pustrumeira voentade fique firme e valla para senpre. Feyto foy este testamento en Ourense nos dias e era sobre ditos. Et as tests. yan nas costas escriptas. O qual escripto liudo et publicado, os ditos Affonso Gonçalvez e Gonçalvo Martines conpridores disseron que protestavan de conprir o testamento do dito Roy Fernandes en quanto abastassen os seus beens, et faser por elles aquelo que el mandava en quanto os seus beens abondasen, et que os seus beens delles non fossen mays tiudos nen obrigados. Et logo o dito vigario, a pedimento dos ditos Affonso Gonçalvez e Gonçalvo Martines, porllo poder do offiçio ordenario que ten mandou a min notario et deume poder et outoridade que metese o dito escrito en publica forma de testamento para senpre valledeiro, et que a salvo ficasse todo seu dereito a todos aquelles e aquellas que contra el dereito ouvessen para o enpunar se o de dereito enpunar podessen. Esto foy enno cabidoo da igleia catadral de San Martino, trese dias do mes de setenbro, era de mill e quatroçentos annos. Tests. que a esto foron presentes don Lourenço Rodriguez dean, Roy Peres mes[tres]colla, Gonçalvo Anes, Nicollao Simón coengos da dita igleia d’Ourense, Domingo Peres et Roy Peres raçoeyros et Apariço Anes dobreiro da dita igleia, Nuno Anes capelan de Santa Ouffemea, Rodrigo Alvares fillo d’Alvar Affonso da Fonteyña, Pero Anes da Pennavegia e outros.

Et eu Martin Gonçalvez notario sobre dito que a esto presente foy et por mandado et outoridade do dito vigario et outrosy de Pero Anrique, coengo d’Ourense et chançeller desta çibdade, este testamento en publica forma en miña presença ho fiz escripvyr et meu signal y fiz que tal he. Et eu Pero Anrique coengo d’Ourense et chançeller da dita çibdade por [que] era hocupado doutros negoçios dey outaridade ao dito Martin Gonçalvez notario que fesesse o dito testamento et o metesse en publica forma et fiz aqui meu signal que tal he.

Este he traslado das clasulas do testamento de Roy Fernandes de Calvos que foy viziño et morador enna çibdade d’Ourense, o qual testamento era feyto e signado do signal de min Martin Gonçalves publico notario d’Ourense por la igleia desse lugar, et signado outrosy do signal de Pero Anrique coengo na igleia d’Ourense et chançeller dessa çibdade. As quaes clasulas eu o dito Martin Gonçalves notario aqui fiz trasladar en miña presença e sacar do dito testamento ben e verdadeyramente a pedimento de Martin Geestosa raçoeyro et procurador do dean e cabidoo da dita igleia d’Ourense. Et por mandado et outoridade de don Garçia Rodriguez dean d’Ourense et vigario geeral do onrrado padre e señor don Pasqual Garçia por la graça de deus e da santa igleia de Roma obispo d’Ourense meu nomme et meu signal aqui fiz en testemonyo de verdade. Que foy feyto enna dita çibdade d’Ourense, doze dias do mes de novenbro do anno do naçemento de nostro señor Jhesu Cristo de mill et treçentos e oyteenta et quatro annos. Tests. que viron o dito testamento et foron presentes aa dita outoridade don Gonçalvo \Anes/ da Castineira tesoureiro et don Affonso Anes arçidiago de Buval et Martin de Montes et Bertolameu Peres et Pero Anrique coengos enna igleia d’Ourense, Gonçalvo Peres Tolivan porteiro do cabidoo et outros.

(sinal)

[reverso] Testamento en commo Roy Fernandes dito de Calvos ma[n]dou ao cabidoo duas casas de disimo a deus enna rua do Pumar.

Materias

alcume; aniversario; arcediago; armeiro; audiencia bispal; auto xudicial; bispo; cabaleiro; cabido; canon foral; capela; capelán; casas; cera; chanceler; claustro; cóengo; conde; crego; criado; criado; cumpridor; deán; décimos; depósito; dignidades; diocese; doazón; doente; escritura; escudeiro; esmola; evanxeos; familia; festa; fidalgo; fillo; fisco; frade; franciscano; fundación; herdanza; igrexa; indagación; irmán; labrego; linde; marabedí; menor; mercador; mesa capitular; mestrescola; misa; muller; neno; notario capitular; orde dos Irmáns Menores; pai; papel; pena; pomar; porteiro; procesión; proceso; procurador; protesta; provisor; publicación; racioneiro; rei; rúa; selo; sepultura; tesoureiro; testamenteiro; testamento; testemuña; traslado; tributos; venda; viaxe; vigairo; xuramento; zapateiro; notario

Persoas

Afonso Caldelao; Afonso Eáns, arcediago de Búbal; Afonso González de Monforte, escudeiro; Afonso Pérez de Noia, bispo de Ourense; Afonso Pérez de Santa Mariña, cóengo de Ourense; Álvaro Afonso da Fontaíña; Aparicio Eáns, dobreiro de Ourense; Bartolomeu Pérez, cóengo de Ourense; Contanza Eáns; Domingos Pérez, racioneiro de Ourense; Eufemia Eáns; Fernando Ares; Fernando Domínguez; Fernando Eáns; Fernando Peireiras; Fernando Ruíz de Castro, cabaleiro; García; García Fernández, labrego; García Rodríguez, deán de Ourense; García Rodríguez, mercador; Gonzalo Eáns da Castiñeira, tesoureiro de Ourense; Gonzalo Eáns, cóengo de Ourense; Gonzalo Martínez, armeiro; Gonzálo Pérez de Toliván, porteiro do cabido de Ourense; Lopo Fernández de Melide; Lourenzo Eáns, notario; Lourenzo Rodríguez, deán de Ourense; María Fernández; Martiño de Montes, cóengo de Ourense; Martiño González, notario; Martiño Pérez Xestosa, racioneiro de Ourense; Nicolás Simón, cóengo de Ourense; Nuno Eáns, capelán; Pascual García, bispo de Ourense; Pedro de Sobrado; Pedro Eáns de Penavixía; Pedro García; Pedro Henriquez, cóengo de Ourense; Pedro López; Pedro Macías, notario; Roi Álvarez; Roi Fernández; Roi Fernández, dito de Calvos, escudeiro; Roi López; Roi Pérez, mestrescola de Ourense; Roi Pérez, racioneiro de Ourense; Vasco Rodríguez, fidalgo; Xoán Mercador; Xoán Rodríguez; Martiño González, notario

Outros

Ourense, bispado; Ourense, cabido

Lugares

Búbal. Antiga xurisdición.; Calvos; Melide; Monforte de Lemos; Montes. Antigo territorio; Ourense; Sobrado do Bispo