GMH/ÍNDICE A-Z

1068
1445, xuño, 10. Miño de Can

Aldara Fernández véndelles a Ares Pérez e á súa muller dous casais nas freguesías de San Xoán do Alto e San Vicenzo de Veral, mailo lugar de Pousa en San Pedro de Farnadeiros por 1.200 marabedís.

MADRID, AHN, Carp. 1333 A/15 (bis), perg. orix., galego, cortesá, 270 x 180 mm.
   

Sabeam quantos esta carta viren como eu Aldara Ferrnandes Borreyros, muller de Alvaro Marques, que esta presente et outorgante et me da liçençia et autoridade et mandamento para o negocio iuso scripto, et eu, o dito Alvaro Marques, que presente estou, asi dou et outorgo a dita autoridade et mandamento et liçençia a a dita Aldara Ferrnandes, mina muller. Et eu, a dita Aldara Ferrnandes, assi a reçebo et de bon curaçon et de boa voontade vendo para senpre jamays por jur de herdade a vos Ares Peres Cavalo et Lionor Garcia, vossa muller, vesinos de Lugo, os meus dous casares et casas et herdades et arvores et formaes et beens reyses hun que eu aio en Astaris sub signo de Sayoan do Alto et de San Viçenço de Veral, et outro lugar chamado da Pousa que he sub signo de San Pedro de Farnadeiros, os quaes lugares eu comprey ho de Astaris a Lopo Afonso de Portomarin, que foy, et foy de Estevoo Nunes et de Fernando Nunes das Camoyras; et o lugar da Pousa compreyho a Afonso Ferrnandes de Burgo Novo. Et os quaes vos vendo con todas suas herdades et casas et formaes et arvores et ayras et hortos et prados et montes et pascos et con todas suas entradas et seydas et pedra et madeyra et jures et pertenenças, a montes et a fontes, por onde quer que vaan, os quaes ditos beens vos vendo como estan acaseyrados et han de servir os [vervos]. Et vos, os ditos Ares Peres et Lionor Garcia, que os contentedes do que lles for devido de aqui endeante. Et reçebo de vos en preço por esta dita vençon mill et dusentos maravedis desta moneda vella, contando a branca en tres dineiros, dos quaes mill et duçentos maravedis da dita moneda vella me logo fesestes paga et entrega, et os eu de vos reçebi et do vosso poder passaron a o meu en presença do notario et testemoyas desta carta. Et por esta presente carta vos pono logo et apodero en o jur et possisson et propiedade actual et corporal et real dos ditos casares et casas et beens de Astaris et da Pousa, et que os possades yr entrar et reçeber por vos, ou por outro, quando et cada que quiserdes et por ben teverdes con justiça ou sen ela, et façerdes como de vossa cousa propia; et obligo a min et a todos meus beens, moviles et reyses, para vos faser senpre esta dita vençon saa et de pas a todo tempo.

Et eu, o dito Ares Peres, que presente estou en meu nome et da dita Lionor Garcia, mina muller, assi reçebo a dita vençon dos ditos casares et beens de vos, a dita Aldara Ferrnandes. Et eu, a dita Aldara Ferrnandes, assy vos la outorgo por ante o notario et testemoyas juso escriptas, a mais forte çerta et firme que se podesse faser et notar.

Que foy feyta et outorgada en a casa et lugar de [Mino] de Cam, des dias do mes de junyo, ano do nasçemento de nosso salvador Jhesu Christo de mill et quatroçentos et quareenta et çinco anos.

Testemoyas que foron presentes: o dito Alvaro Marques, et Ares Afonso de Borreyques, et Juan Vasques, et Ruy Ferrnandes, moradores a a Retorta, et outros.

Et eu Ruy Fernandes de Mançoe, clerigo do obispado de Lugo, notario publico por las autoridades apostolical et ordenaria episcopal, a todo esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente fuy, et por mandado et outorgamento da dita Aldara Ferrnandes et a pedimento do dito Ares Peres esta carta scripvi et aqui puge meu nome et signal en testemoyo de verdade.

Rodericus Fernandi, notarius apostolicus (signo).