GMH/ÍNDICE A-Z

667
1364, maio, 5. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Gómez Aras e á súa muller casas e herdades no lugar de Castro Tourón, freguesía de San Martiño de Guillar, por renda anual de 100 marabedís, a obriga de construír dúas casas e outras condicións.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 78r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos, o dayam et cabidoo da iglesia de Lugo, con outorgamento de don Alvar Rodrigues, chantre da dita iglesia, rendeyro dos aniversarios da dita iglesia, damos afforo et avervo a vos, Gomes Ares das Cortinnas, et a vosa esposa, Aldara Peres, para en toda vosa vida d’anbos et dous, todos quantos erdamentos et casas nos avemos eno lugar que chaman o Castro de Touron, et que perteeçen a os nosos casares que nos y avemos que he en toda a freegesia de San Martino de Gilar, a montes et a fontes, per hu quer que vaan sub o dito signo, con tal condiçon que vos, os sobreditos, lavredes et façades lavrar et parar ben as ditas herdades dos ditos casares et moredes ou façades morar as casas deles e as mantenades en boo estado. Et avedes a dar a nos, o dito cabidoo, ou a quen por nos recadar as rendas dos aniversarios, en cada hun anno, çen moravedis, d’oyto soldos cada moravedi, por dia de San Martino por foro et renda dos ditos casares et herdamentos et casas, et avedes y a faser duas casas que y estan en terra, que seian feytas de parede et cubertas de lousa, et o omme ou ommes que y moraren an de seer deffesos commo os outros que lavran as outras herdades da dita iglesia de Lugo. Et a morte de vos, o dito Gomes Ares, et Aldara Peres que as herdades et casares fiquen a nos, o dito cabidoo, livres et quitas et desenbargadas de vos et de vosa vos, et as casas feytas en bon paramento, et con todos os boos paramentos que y foren feytos, et avedes y a leyxar por provo hun boy et huna vaca.

Et eu, o dito Gomes Ares, asy reçevo o dito foro et vervo de vos, o dito dayam, et cabidoo por min et pola dita mina esposa, et obrigo min et meus beens para comprir et pagar todo esto que dito he, sub pena de quinentos moravedis, et se por ventura eu, o dito Gomes Ares, ou a dita mina esposa non pagarmos de cada anno a dita renda dos ditos çen moravedis, seendonos demandados pelo que recadar as rendas dos aniversarios, et estevermos dous annos que non pagemos, que por ese miismo feyto perçamos o dito foro dos ditos casares et vos, os sobreditos dayam et cabidoo, que o posades reçeber et dar ou aforar a quen por ben teverdes, et eu et a dita minna esposa que non seiamos teudos de o defender nen enparar querendo vos, o dito dayam, et cabidoo tomala commo dito he.

Et nos, os ditos dayan, et cabidoo asy volo outorgamos, et porque esto seia çerto et non vena en dulta mandamos a Ares Peres, notario et raçoeyro na iglesia de Lugo, que fesese ende esta carta.

Que foy feyta en Lugo, çinquo dias de mayo, era de mill et quatroçentos et dous annos.

Testemoyas: don Roy Fernandes, dayam; don Alvar Rodrigues, chantre; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Sarrea; don Lopo Domingues, arçidiago de Triacastella; don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deçon; don Roy Gomes, meestrescola; don Diego Gomes, juys; don Iohan Dias, tesoreyro; Tomas Gomes, Alvar Dias, Fernando Peres, Gomes Eanes, Lope Eanes, coengos; Iacome Fernandes, Afonso Eanes, Pero Ares, Rodrigo Afonso, raçoeyros; Afonso Eanes, Alvar Lopes, clerigos do coro.

Et eu, Aras Peres, raçoeyro et notario publico de Lugo dado por auctoridade do cabidoo desse mismo lugar, a esto presente fuy et a rogo das ditas partes esta carta en minna presença fis scrivir et puge y meu nome et signal en testemoyo de verdade.