GMH/ÍNDICE A-Z

69

1418, marzo, 7.  
O Concello, con presencia dos homes bos, aproba dar 2.000 maravedís a Diego López de Toledo, para agradecerlle a súa axuda e boas obras tanto nos repartimentos coma no preito que sostiña cos concellos de Vilalba, Ferrol e Pontedeume.

Lũes septe dias do mes de março, este dito dia seendo o conçello alcalles e regidores jurados e omes bõos da dita çidade de Santiago, juntados por crida de anaffil enno sobrado da notaria de min Rui Martines, notario publico da dita çidade, segundo que han de usso et de custume, presentes ende Martin Galos et Juan Aras de Caña, alcalles enna dita çidade et Alvaro Afonso Juliate et Fernan Gonçales do Preguntoyro, e Afonso Fernandes Abril et Gomes Rodriges, bachiller en decretos, jurados enna dita çidade et presentes outrosy Johan Garcia de Vilarente et Gil Peres et Migell Rodriges e Juan Duran, visiños et moradores enna dita çidade a os quaes o dito conçello, alcalles et regidores (jurados) et omes bõos eligiron este dito anno para que por parte dos mercadores et dos outros ofiçios et comunnidade da dita çidade estevesen con os ditos alcalles et regidores (jurados) et procuradores da dita çidade e as posturas et derramamentos de quaesquer contias de morabedis que enna diga cidade se ouvesen de dar e coller et repartir este dito anno et a o tomar das contas et en presença de min o dito Rui Martines, notario et das testemoyas infra scriptas. Logo enton o dito conçello, alcalles et regidores et omes bõos sobreditos disseron que por quanto Diego Lopes de Toledo lles avya feyto e fazia de cada dia moytas ajudas et boas obras, asy ennos repartimentos dos pedidos que foron repartidos ao dito conçello et a seus lavradores como eso, meesmo enna ajuda que lles fezera enno pleito que avyan enna corte de nosso señor el rey con os conçellos das vilas de Pontedeume et Ferrol e Vilalva que son de Nuno Fleire d’Andrade sobre lo repartimento do pedido de noso señor el rey e porque era rason e guisado dello reconosçer e gradesçer, por ende todo, considerando que era sua voontade de lle dar este dito anno dous mill morabedis, branqua en tres dineiros, et por ende que mandavan et mandaron a Pero Leiteiro et Alvaro Gil, procuradores do dito conçello que presentes estavan que desen a o dito Diego Lopes ou a quen o por el ouvese de aver os ditos dous mill moravedis da dita moeda de quaesquer moravedis que por lo dito conçello recabdaran o recabdasen este dito anno et que tomasen carta de pago do dito señor Diego Lopes dos ditos moravedis et con ela et con este mandamento lles seerian reçebidos en conta os ditos dous mill moravedis. Testemoyas: Pero Eanes Abraldes, visiños da dita çidade et Pero Fariña viziño da vila de Padron et Johan Lopes de Geemil, visiño da vila de Betanços.