GMH/ÍNDICE A-Z

683
1368, marzo, 30
María Rodríguez, monxa do mosteiro de Santo André de Órrea, véndelles a Álvaro González e á súa muller todas as súas propiedades no couto e freguesía de Santa María de Xiá por 200 marabedís.
MADRID, AHN, Carp. 1332 F/14, perg. orix., galego, gótica cursiva, 116x334 mm.

In Dei nomine amen.

Sabeam todos que nos Aldara Gomez, abbadessa, et Costança Garçia, prior, et convento do mosteyro de Santandre d’Orrea, seendo iuntadas por tangemento de campaa na iglesia do dito moesteyro en noso cabidoo, segundo he d’uso et de custume, presente y eu, Maria Rodrigues, filla de Gonçalvo Xordo, et de Tareyia Rodrigues, sua moller, frayra do dito moesteyro, con liçençia et outorgamento de vos, abadessa, et convento, vendo a vos, Alvar Gonçalves de Borrageiros, et a vosa muller, Tareyia Lopes, et a todas vosas voses para senpre, todos los erdamentos et casas et chantados, iures et teenças et dereyturas et rendas, que eu ey en todo o couto et friigresia de Santa Maria de Giae, tanbem igleiarios como leigareos, et moyno de Carvallido, que he ena dita friigresia, os quaes ditos herdamentos et cousas sobreditas me a min perteeçen por parte dos ditos meus padre et madre eno dito couto, et os quaes son en terra de Narela, et vendovo-los, commo dito he, por dusentos moravedis, a X dineiros o maravedi, desta moeda que ora corre, dos quaes confeso et outorgo que soo entrega et ben pagada, et renunçio a toda exçepson que nunca ende possa diser o contrareo, et se mays valen os ditos herdamentos et cousas sobreditas douvo-los et doo en doaçon, et d’aqui endeante vos et vosas voses façede deles toda vosa voontade para senpre sen enbargo meu et de mina vos, et todo iur et sennorio et propriedade et dereyto que eu ey et me perteeçe d’aver ennos ditos couto et herdamento deles de min et de mina vos o tiro et tollo et en vos et em vosas voses o ponno et removo et traspaso por esta presente carta. Et nos, Aldara Garçia, et convento do dito moesteyro, que presentes somos, outorgamos esta carta et venda em todo, segundo se en ella conten, et damos a ela nosa liçençia et outoridade que valla para senpre, et qualquer que vos contra esta venda veer, asy da mina parte commo da estraya, peyte a vos ou a vosas boçes por penna o dobro da dita contia et a carta valla para senpre.

Testemoyas: Gomes Fernandes de Traspennas, et Iohan Fernandes de Friufe, et Rodrigo Betouro de Lagoa, et Pedro Eanes o moço, clerigo, et raçoeyro do dito moesteyro; Vaasco Martines Costa, et Pedro Gondyn, et Pedro Aras de Costeea, escudeyros, et outros.

Eu Lopo Affonso, notario publico iurado em terra de Vetosa por lo sennor arçibispo de Santiago, que a esto pressente foy et en minna pressença fyz escrivyr et conffyrmo et meu nome et synal pono en testemoyo de verdade que tal he. (+).