1341, setembro, 24. Lugo
María Fernández véndelles a Afonso Eanes e á súa muller unha porción de
cortiña en Pumariño e outra de casa na rúa Miñá por 217 marabedís e
medio.
Sabeam
quantos esta carta viren, commo eu Maria Ferrnandes, filla de Fernan
Eanes dito Çaça, et de Orraca Peres que foron, pressente et
outorgante Affonso Arias de San Fiiz de Paradela, meu mario, de bon
curaçon et de boa voontade vendo a vos Affonso Eanes, mercador,
morador enno Campo, et a vossa muller, Aldara Affoso, a meatade minus
a dizima desta meatade de huna cortina que iaz en Pumarinno a o
rigueyro dos ortos, que fer de testa no Caminno Françes, et da outra
testa fer na cortinna que foy de Affonso Bego, et de huna yllarga iaz
cabo a cortinna que foy de Pedro Andreu, et da outra cabo hun terreo
que ora ten Pedro do Castineyro et sua muller, Maria Nunes, sub as
capelas de San Pedro de Lugo et de Santa Maria Madanela. Outrossy vos
vendo a disima parte de huna cassa do canto que esta ena çibdade de
Lugo na rua Minaa cabo o poço, enna qual ora mora Pedro Vivyaes,
carniçeyro, et da huna parte dela vay o carril para a Tanaria, et da
outra parte esta huna cassa da iglesia de Lugo, da qual cassa de que
vos vendo o dito quinom os outros nove quinoes son de Tereyia
Affonso, hirmaa de vos, Aldara Affonso sobredita, que he sub a
cappela de San Pedro. Os quaes quinoes sobreditos das ditas cortinna
et cassa vos vendo con todas suas dereyturas et pertenenças et iures
et agoas vertes et entradas et seydas. Et reçebo de vos en preço
por esta vençon dusentos et dez et sete moravedis et medeo, d’oyto
soldos o moravedi, desta moneda del rey don Affonso de que me outorgo
por entrega et ben pagada, et obligo todos meus bees, moveles et
reyz, para vos faser esta vençon de paz a todo tempo, et logo por
esta carta vos meto eno iur et posison et propriedade desta vençon,
todo meu poderio et sennorio ende seia sacado et removudo de min et
posto en vos.
Feyta
a carta da vençon en Lugo viinte et quatro dias de setembro, era de
mill et tresentos et seteenta et nove annos.
Testemoyas
que foron pressentes: Iacome Eanes, raçoeyro d’Ourense; Iohan
Marchos, albergueiro; Pedro Migueles, peliteiro de rua Nova; Pedro
Sanches, çapateyro; Affonso Peres, peliteyro morador en rua Nova,
ts. Eu Fernan Garçia, notario sobredito, vi a carta sobredita
signada con meu signal et a pidimento do cabidoo de Lugo figea
trasladar en este seu livro por quanto lle perteçia huna clausula
dela por raçon da disima parte da dita cassa do canto en que mora
Pedro Vivaes, carniçeyro, que o dito Affonso Eanes deu en escambea a
a iglesia de Lugo, et puge y meu signal.