GMH/ÍNDICE A-Z

1001
1425, setembro, 13. Lugo
O Cabido de Lugo arréndalle ó arcediago de Dozón durante a súa vida a administración de agosto en Paradela por 2.850 marabedís anuais e outras obrigacións.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 151 r.
       

Saban quantos esta carta de arrendamento viren conmo nos as personas coengos et benefiçiados et omes boos do cabidoo da iglesia de Santa Maria de Lugo seendo juntados en noso cabidoo por canpaa tanjuda dentro en o coro da dita iglesia, segundo que avemos de uso et custume, arrendamos a vos Lopo Afonso, arçidiago de Deçon et coengo en a dita iglesia, noso companeyro, a nosa amiistraçon do mes d’agosto que he en terra de Paradela con a iglesia et Capela de San Marco, et con os lugares et casares de Nogeyra, que andan con a dita amiistraçon, et con todos los outros dereytos et cousas a a dita amiistraçon do mes de agosto et Capela et casares sobreditos devidas et perteesçentes, et a nos por nome dela; a qual dita amiistraçon vacou por morte de don Juan Martines, dean que foy de Lugo, et amiistrador que fuy da dita amiistraçon, et por renunçiaçion que dela feseron en cabidoo Afonso Rodrigues da Bayla, et Juan Dias, et Juan Monteyro, coengos da dita iglesia, que se a a dita amiistraçon pretendian aver dereyto; et a qual amiistraçon Capela et casares vos damos et arrendamos do dia de San Johan Babtista, que pasou en a era deste contrauto, por en toda vida de vos o dito Lopo Afonso, coengo et arçidiago, con todos los dineyros et moravedis de procuraçoes et pan et foros et serviços, et con todos los outros dereytos et cousas et bees a nos devidas et perteesçentes en qualquer maneyra en a dita amiistraçon et iglesia de San Marco et casares de Nogeyra, et outros quaesquer bees a nos devidas et perteesçentes en a dita amiistraçon et capela et casares sobreditos, et damosvos et outorgamos poderio primario de faser presentaçon et presentaçoes et colaçon et colaçoes dos benefiçios et partes, que a nos perteesçen de presentar et colar, et para faser colaçon et colaçoes de todos los outros benefiçios que se vacaren en a dita amiistraçon, de que nos podemos et devemos proveer et colar de dereyto et custume, et para faser visitaçon et visitaçoes, provaçon et provaçoes, correuçon et correuçoes et pugniçon dos dilectos et climiis et proçeder por toda çensura eclisiastica, et oyr os pleitos asy eclesiasticos como matrimoniaes como de outro ou outros qual ou quaesquer pleito ou pleitos, que a nos de dereyto et uso et custume convena et perteesca de oyr et conosçer et livrar de dereyto, et dar en eles sentença et sentenças asy interlocutorias como defenetivas, et exsecutarlas, et con toda ha outra jurdiçon et senorio espiritual et temporal et a nos de dereyto ou custume perteesçe de oyr et livrar et proçeder et conosçer en a dita amiistraçon; por la qual dita renda da dita amiistraçon et Capela et casares nos avedes de dar et pagar en cada hun ano a nos, ou a noso moordomo et destribuydor, sen outra exseiçon, alegaçon et contradiçon algua en pas et en salvo dentro en esta çiudade de Lugo dous mill et oytoçentos et çinquoenta moravedis de moeda vella longos, a os quartos do ano, segundo se pagan as outras amiistraçoes do dito cabidoo, sub pena que do dia que vos, ou vosos fiadores, fordes requeridos que do dito da feyta da conta do cabidoo ata nove dia façades paga et contento a o dito moordomo do dito cabidoo en noso nome do que asy deverdes da dita amiistraçon, et non no comprindo asy que por ese meesmo feyto vos et vosos fiadores que derdes en a dita contia et amiistraçon andedes en desconto, et todavia seiades tiudos et obligados de pagar o prinçipal con as custas. Et outrosy con estas condiçoes que adeante seran contiudas conven a saber: que vos arrendamos esta dita amistraçon a Deus et a toda vosa ventura para que nos la paguedes sen desconto algun salvo se Rey, ou outro ome grande poderoso, vos dela tomar ou roubar contra vosa voontade alguuns dereytos da dita amiistraçon et Capela et casares que vos provardes que vos foren por eles tomados ou roubados, que vos seia descontado o que en verdade vier que vos eles tomaron ou roubaron da dita amiistraçon ou capela ou casares sobreditos, et seendovos descontado que nos fique a salvo de o demandar et aver et cobrar para nos; et eso meesmo que morrendo algun dos fiadores, que vos derdes por la dita amiistraçon, que do dia que se el finar ata nove dias primeyros vos, o dito Lopo Afonso, seiades tiudo et obligado de dar outro fiador en nome de aquel fiador que se finou, et non no dando que a dita amiistraçon fique vaca a o dito cabidoo et ha posa arrendar a quen quiser, et vos que vos non posades dela chamar amiistrador.

Et eu o dito Lopo Afonso, coengo et arçidiago, que presente estou, asy reçebo a dita renda da dita amiistraçon con a dita iglesia et Capela de San Marco et bees et casares et dereyturas a eles perteesçentes de vos, o dito cabidoo, por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a meus bees, eclisiasticos et segrares, avidos et por aver, de vos dar et pagar en cada hun ano por en todo mina vida os ditos dous mill et oytoçentos et çinquoenta moravedis da dita moeda a os quartos do ano, segundo se pagan as outras amiistraçoes da dita iglesia de Lugo, sub pena de eu et meus fiadores andarmos en desconto, segundo dito he. Et para vos lo mellor dar et pagar douvos para ello conmigo por fiadores, devedores et prinçipaes pagadores a Lopo Dias, mestre, et a o dito Afonso Rodrigues da Vayla, coengos da dita iglesia de Lugo, que son presentes, a anbos de mancomun et a cada hun deles por lo todo. Et nos os ditos mestreescola et Afonso Rodrigues, que presentes somos, asy nos outorgamos anbos de mancomun et cada hun por lo todo por fiadores por vos o dito Lopo Afonso, coengo et arçidiago, por la dita amiistraçon et Capela et casares sobreditos et por los moravedis da renda dela por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obligamos a nos et a todos nosos bees, eclesiasticos et segrares, que vos o dito Lopo Afonso, coengo \et arçidiago/, a paguedes et a cumplades et atendades, segundo et en a maneyra que dita he. Et eu o dito Lopo Afonso, coengo et arçidiago, obligo a min et a todos meus bees de quitar et relevaros a vos, os ditos meus fiadores, a pas et a salvo da dita fiadoria a todo tempo.

Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso escripto que fesese ende delo esta carta de arrendamento et poderio et a signase de seu signal.

Que foy feyta et outorgada en a çiudade de Lugo dentro en o coro da dita iglesia, trese dias do mes de setenbro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et çinquo anos.

Testemoias que foron presentes et outorgaron o que sobredito he: don Afonso Lopes, chantre de Lugo; don Pedro Fernandes de Tendilla, thesoreyro; don Lopo Dias, meestrescola; Pedro Lopes, Lopo Fernandes, Fernan Peres, Rodrigo Ares, Aras Afonso, Juan Dias, Nuno Gonçalves, Juan Ruys, Vaasco Afonso, Juan Monteyro, Fernan Basanta, coengos da dita iglesia, et outros.