GMH/ÍNDICE A-Z

441
1388, abril, 6
foro

Os clérigos do coro afóranlles a perpetuidade a Rodrigo Afonso, sobriño do abade da Trindade, e á súa muller, Inés Pérez, un soar que foi casa co seu eixido na rúa do Vargal por 4 mrs.

ACOu, Clérigos do Coro, 27

Sabean quantos esta carta viren que nos Johan Anes e Fernan Rodrigues capelaens da capela de Santa Ouffemea et nos Roy Copelo e Vasco Çide e Roy Lourenço dobreyros et Roy do Pe e Afonso Peres e Johan da Agoada et Johan de Tribes e Johan de Sayoanne e Johan Fernandes et Fernan Yanes e Afonso Fernandes capelan de Santa Maria a Madre clerigos do coro da igleia d’Ourense et Martin Anes clerigo procurador da universidade dos clerigos do coro, estando juntados a misa apregoada segundo o avemos de custume, damos e outorgamos a foro a vos Rodrigo Afonso sobriño do abade da Triindade que sodes presente et a vosa moller Eynes Peres que non he presente et a todas vosas voses para senpre huun soar que foy casa con seu yxido que a dita universidade ha e lle perteençe enna rua do Vargaal, o qual foy de Tareixa Rodrigues d’Ourantes, o qual soar e ixido está junto con outro soar que foron casas de Johan d’Ourantes et o qual vos ia agora teedes de nos a jur e a mao. Aforamos vos o dito ixido e soar segundo dito he por tal pleito e condiçon que lavredes o dito ixido e façades enno dito soar aquelo que vos aprouver, et dedes ende cada anno aa dita universidade por dia de San Martiño do mes de novenbro quatro mrs. de dineiros brancos ou a estimaçon deles enna moeda que correr. Et do al que os ajades de disimo a deus et livre e quite de todo outro enbargo. Et he posto que non posades vos nen a dita vosa moller nen as ditas vosas voses faser manda alguna por esto que vos aforamos salvo aa dita universidade. Outrossy que se non pagardes o dito foro ao dito dia que a dita universidade vos posan por elo pyñorar sen pena alguna. Et para vos anpararmos e defendermos senpre a dereito con esto que vos aforamos obrigamos os beens da dita universidade gaanados e por gaañar. Et eu o dito Rodrigo Afonso que soon presente por min e por la dita miña moller que non he presente asy reçebo esto que dito he aforado de vos a dita universidade et para lavrar e parar ben e pagar e conprir e agoardar as condiçoens desta carta e cada huna delas obrigo todos meus beens gaañados e por gaañar. Posto foy e outorgado que qual quer de nos as partes que contra esto for ou pasar et o non conprir e agoardar que peite aa outra parte que o conprir e agoardar quiser por nome de pena e interese çen mrs. da dita moeda. Et a dita penna pagada ou non esta carta e as cousas en ela contiudas vallan e fiquen firmes para senpre. Feita a carta en Ourense, seys dias de abril, anno do naçemento de nosso señor Jhesu Cristo de mill e tresentos e oyteenta e oyto annos. Testemunyas que foron presentes Garçia Gonçalves e (- - -) yrmao do dito Martin Anes procurador e Pero Anes clerigos do coro d’Ourense e outros.

Et eu Vaasco Martines notario publico da çidade d’Ourense por la igleia desse lugar que a esto que dito he presente foy et o escrivy et en esta carta que ende dey aa dita universydade meu nomme e meu sinal fis en testemunyo de verdade que tal he

(sinal)

[reverso] Carta da herdade de Codeyro.