1346, xaneiro, 2. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Rodrigo Arias e á súa muller e a unha voz
os casais de Bande e Susao, en Santa María de Alta, pola metade do
labrado e criado cada ano, especificando as condicións, mais 10
marabedís e dous capóns de foro.
Sabeam
quantos esta carta virem commo nos o cabidoo da iglesia de Lugo, con
outorgamento de don Pedro Jacome, juys de Lugo, vigario de don Diego
Fernandes, dayam de Lugo, et de Vaasco Rodrigues, coengo de Lugo,
teente amystraçon do mes de deçembre en terra de Santa
Alla Alta, damos afforo et avervo a vos Rodrigo Aras, morador en
Bande, et a vossa moller, Maria Fernandes, et a huna pessoa qual
nomear o postrimeyro de vos, por en toda vossa vida et da dita
pessoa, os cassares de Bande et de Sussao que son da dita amystraçon,
a a tal condiçon que lavredes et paredes ben as erdades dos
cassares sobreditos, et mantenades las cassas en boo estado et
façades o çeleyro que esta formado sobre la cassa que
vos feçestes, et cubrades a cassa que esta sub a dita cassa de
queyçes et de terra, et avedes a dar a meatade de quanto
lavrardes et criardes, cada anno, por omme do amystrador, dando-vos
semente et promeando-vos do gaado, salvo d’orto et de nabal et
de lyno et froyta de que non avedes a dar a meatade. Et non vos
promeando de todo o gaado que dedes a meatade de quanto vos for
promeado; et avedes a dar por todo foro dez moravedis desta moneda et
dous capoes, cada anno, por dia de Sant Miguel, et avedes a tomar
cada ano quatro oytavas de pan de consuum para mallar et para segar.
Et a finamento de vos, o dito Rodrigo Aras et da dita vossa moller,
que a pessoa que for nomeada de vos para o dito vervo et foro, que
venna reçeber de nos o dito foro et vervo.
Et
eu, o dito Rodrigo Aras por min et po-la dita mina moller et po-la
dita pessoa, assi outorgo et reçebo o dito vervo et foro, et
obrigo todos meus beens de o comprir et abreger.
Et
por que esto seia çerto et non venna en dulta nos las ditas
partes rogamos a Johan Martines, notario publico del rey en Lugo, que
feçesse ende esta carta et a desse a o dito cabidoo et desse
outra tal carta a o dito Rodrigo Aras, et por mayor firmedume
mandamos-la seelar con nosso seelo de nos los dito cabidoo.
Que
fuy feyta en Lugo dous dias de janeyro, era de mill et CCCos et
oytaenta et quatro annos.
Testemoyas
que foron presentes: don Alvar Dias, arçidiago de Neyra; don
Vaasco Diaz, thesoreyro; don Aras Pelaes, arçidiago de Deçon;
Iohan Dias et Affonso Gomes, coengos; Rodrigo Affonso, raçoeyro;
Martin Peres, clerigo, ts.
Et
eu Johan Martines, notario sobredito, a esto que dito he con las
ditas testemoyas pressente fuy et a pedimento das ditas partes esta
carta escrivi et puge y meu nome et meu signal en testimonio de
verdade.