GMH/ÍNDICE A-Z

D237
1459, xuño, 11
Afonso de Amores acusa a Men Rodríguez de roubo cando viaxaban nunha carabela que transportaba sal e este querélase pola súa vez contra el por agresión na cidade de Ourense; ambos son detidos preventivamente polos alcaldes. (fol. 67v)

Afonso d’Amores.

A onse dias do mes de juyo en Ourense, Afonso d’Amores deu querella de Meen Rodrigues de Noralla a çidade que o roubara enna mar, viindo con Joan Gallego huna canabella carregada de sal et que dava del querella, et o dito Meendo Rodrigues diso que dava del querella que oje en esta dita çidade o quisera matar sen lle faser mal nehuun et que lle negava que nonca tal roubo lle fesera nen sabya que era, et o dito Afonso d’Amores diso que lle negava que o non quisera matar senon que sacara a espada por lo prender et os ditos alcalldes diseron que reçebian as querellas et que os mandavan prender anbos a dous et que era prestes de lle conprir de justiça. Tests. Joan Afonso, Fernando Ferro, Rodrigo de Monterroso, Joan besteiro.