GMH/ÍNDICE A-Z

D83
1459, abril, 13
Gonzalo do Regueiro declara baixo xuramento ante os xuíces que non debe certa cantidade que se lle demandaba, ao tempo que recoñece outra débeda pola compra de pan. (fol. 28v)
En este día Gonçalvo do Rigeiro, audiençia das vesperas, declarou por ante os ditos alcalldes que en soltando o dito juramento que lle fora tomado porlos ditos juises a pedimento do dito Joan Beesteiro, diso que as ditas des oyto brancas que lle demandara que entraran enna conta et que llas non devía, salvo que lle devía des e seys brancas de pan, et que outra cousa nehuna lle non devia.