GMH/ÍNDICE A-Z

D93
1459, abril, 16
Gonzalo Teixeira e Pedro da Barreira querélanse contra Gómez de Silva Rei por agresión e ameazas e solicitan a súa prisión. (fol. 30v)

Gomes de Silva Rey et Gonçalvo Teixeira.

Et despois desto, a XVI dias de abril, en Ourense, Gonçalvo Teixeira deu querella a Pero de Miranda alcallde, de Gomes de Silva Rey, que o dia donte o quisera matar et lle dera huna ferida enna cabeça et lle tiña feitos outros agraveos e danos e que o dava por querella et que o non dese solto nen fiado, sobre lo qual feso juramento etç., et eso meesmo Pero da Barreyra deu querella do dito Gomes de Silva Rey que o desafiara et que o tragia desafiado et que o prendese et o non dese solto nen fiado fasta que o segurase etç. Et o dito alcallde diso que lle pesava delo et que o prendería se o podese aver etç. et que era prestes de faser justiça etç. Tests. Joan besteiro, Joan Çereijo, Pero criado do dito alcallde.