175
1421, xuño, 2.
Rui Sánchez de Moscoso, vasalo do Rei, lembra que o seu tío Bernal Yañez do Campo, foi pusuidor dunha táboa do selo do Concello da cidade e que a el como herdeiro do seu tío pertenecíalle agora tela. Acéptao o Concello e tómalle o xuramento do preito homenaxe.
Lũus, dous dias do mes de juyo, este dito dia, estando Ruy Sanches de Moscoso, vasalo de noso señor el rey enno monasteiro de San Payo d’Antealtares da çidade de Santiago e presentes ende Martin Serpe e Gomes Rodriges, alcalles e Martin Galos, Fernan Gonçales do Preguntoiro, Sancho Sanches de Moscoso, Afonso Fernandes Abril e Juan Ares da Cana, regidores, jurados e homes bõos da dita çidade e presentes outrosy a mayor parte da comonidade da dita çidade e en presença de min Fernan Eanes, notario publico de noso señor el Rey Fernan Eanes. notario publico de noso señor el Rey enna sua Corte e en todos los seus regnos e escusador por Ruy Martines, notario publico jurado da dita çidade e dos testemoyas adeante escriptos; enton o dito Rui Sanches, diso que ben sabian os ditos alcalles, regidores, jurados e homes bõos e comonidade da dita çidade en como Bernald Yanes do Canpo, seu tio, fora tẽedor de hũa das tavoas do selo do conçello da dita çidade a qual tavoa logo mostrou, e que el devia de tẽer a dita tavoa do dito seelo por lo dito conçello segundo que a tevera o dito Bernald Yanes en cujo lugar el soçedia por seer seu herdeiro e por ende que requiria e requireu aos ditos alcalles jurados e regedores e comonidade que presentes eran que disesen e declarasen se lles prasia de el, o dito Rui Sanches, tẽer a dita tavoa segundo que a tevera o dito Bernald Yanes ou de a entregar, e logo os ditos alcalles, jurados, regidores e homes bõos diseron que eles non demandavan nen entendian de demandar ao presente a dita tavoa do dito seelo e a comonidade da dita çidade que presentes eran a hũa voz diseron que lles prasia e querian e mandavan e outorgavan que o dito Rui Sanches tevese a dita tavoa do dito seelo, segundo que a tevea o dito Bernald Eanes e que quitavan e quitaron o dito pleito e menajẽe que o dito Bernald Eanes que por ela ouvera feyto e o dito Rui Sanches diso que recebia e recebeu a dita tavoa en seu poder e feso pleito e omenajẽe en mããos de Fernan Ares Xarpa para que tevese e gardase a dita tavoa, segundo que a teveren e gardaran seus antecesores e pedio testimoios para garda do seu dereito. Esto foy enno dito monesteiro, anno, dia e mes sobreditos. Testemoyas que a esto foron presentes: Fernan Ares Xarpa, Pero Eanes Abraldes, Vasco Peres Abril. Juan Ares Chantreiro, Vasco Gomes de Marçoa, Juan Gonçales da Cana e Juan Serpe e Juan Fernandes da Cana, vesiños da dita çidade.