GMH/ÍNDICE A-Z

1022
1428, decembro, 27. Lugo

O vigairo lucense afóralles a Pedro Arias, á súa muller e a dúas voces un terreo edificable en Castroverde por renda anual de tres marabedís e a obrigación de construír unha casa.

MADRID, AHN, Carp. 1332 H/21, perg. orix., galego, cortesá, 206 x 266 mm.
   

Sabean quantos esta carta viren como eu don Juan Ruys, bachiller en decretos, arçidiago de Grado en a iglesia d’Ovedo, et vigario geeral en o espiritual et tenporal en a iglesia et obispado de Lugo por lo moyto onrrado padre et senor don Fernando por la graça de Deus et da Santa iglesia de Roma, Obispo de Lugo, veendo et entendendo que he servyço do dito senor Obispo et prol da sua mesa obispal, dou et aforo a vos Pedro Arias, peliteyro, et Tereyia Fernandes, vosa muller, moradores en Castroverde, por en vosas vidas et a duas personas a pus vos qual o pustrumeyro nomear, et non seendo nomeadas que seian quen herdar vosos bees de dereyto; conben a saber huna praça, que fuy casa, en que esta ho orto que ias a a Ferraria de Castroverde a par da casa en que mora Juan de Velster, que fuy de Fernan Galego, a qual praça topa en a rua do Camyno Françes, et d’outra parte en o muro vello, et d’outra parte ias de yllarga a par do orto de Afonso Çapateyro; a qual vos aforo con todas suas entradas et saydas et jures et pertenenças a ela perteesçentes, a a tal pleito et condiçon que fagades y huna casa nova en o dito orto ata dous anos conplidos primeyros seguentes, et dedes et pagedes de foro et çenso en cada hun ano vos et as ditas persoas, a o dito senor Obispo et sua mesa obispal, por lo dito foro tres maravedis da moneda vella branca, en tres dineyros, ou d’outra moneda que se correr en o Reyno que montar os ditos tres moravedis;  et a o finamento da pustrumeyra persoa que a dita casa fique ben reparada, libre et quita et desenbargada con todos los outros boos paramentos et edefiçios que en ela foren feytos a o dito senor Obispo et seus suçesores et mesa obispal. Et outrosy que a pustrumeyra persoa que suçeder en o dito foro que seia obligada de viir mostrar et notificar o dito foro et en como he persoa del, a o dito senor Obispo et a seu vigario, do dia que for persoa ata triinta dias primeyros seguentes, et non no fasendo que por eso meesmo perga o dito foro et fique devoluto a a dita iglesia et a o senor Obispo dela.

Et eu, o dito Pedro Ares, que presente estou asy reçebo de vos, o dito vigario, o dito foro para min et para a dita mina muller et personas por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo min et meus bees de o atender et conprir todo asy segundo de suso dito et declarado he. Et eu, o dito vigario, asy vos lo aforo et outorgo et porque seia çerto mandeyvos delo dar esta carta de foro firmada de meu nome et seelada do seelo do dito senor Obispo pendente, et signada de notario iuso escripto.

Que fuy feyta et outorgada en a çiudade de Lugo, viinte et sete dias do mes de desenbro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et oyto anos.

Testemoyas que foron presentes: Juan Lopes, mercador, et Juan de San Martino, et Vasco d’Aspa[y...], alfayates, visinos et moradores en Lugo.

Jo.archidiaconus, lucensis vicarius.

Et eu Alvaro Ferrnandes das Camoyras, notario publico da çiudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo de Lugo et iglesia dese lugar, a todo esto que dito he con as ditas testemoyas presente fuy et este foro fis escripvir, segundo por min pasou, a pedimento do dito Pedro Ares et por mandado do dito vigario que aqui firmou de seu nome, et aqui puje meu nome et signal en testemoyo de verdade.

Alvaro Fernandes, not.