Rodrigo da Costa, morador en Codesedo, denuncia a
Diego Carreiro, que está preso, e a Vasco, criados de Afonso de Moraña,
polo asasinato do seu irmán
Xoán da Costa. (fols. 160v-161)
A IX dias do dito mes de desenbro Rodrigo da Costa, morador en Codesedo, deu querella ao dito Pero Rodrigues alcallde, non se partindo das querellas que lle ja avya dado, de Diego Carreyro que tina preso et de Vasco, criados de Afonso de Morana, en como enno mes de abril primeiro que pasou deste dito anno, que lle mataran a hun seu yrmaao que avya nome Joan da Costa, non lle fasendo o dito Joan da Costa nehuun nojo et andando en huna arada arando que o mataran, por ende que lo (fol. 160v)
dava todo por querella e que proçedese contra elles segundo que deve proçeder contra omen que mata outro seu etç., senon que protestava que el fose tiundo as pennas que os ditos matadores meresçian, et logo o dito alcallde diso que lle pesava delo e que lle trouxese tests. de enformaçon et que era prestes de lle faser conprimento de dereito et de justiça. Tests. Afonso Domingues de Raayro e Rodrigo de Penedo e Afonso ommees do dito alcallde.