GMH/ÍNDICE A-Z

E2-19
1435, maio, 14
Reunidos Cabido e Concello, ordenan tomar contas das sisas e demais negocios relativos á ponte, para que cada unha das ditas institucións elixa dous contadores. (fol. 10)

Contrauto da carniçaria.

(E logo en este dito día)* et despois desto, enna dita çidade d’Ourense, enno (Paray)* cabido da iglesia catredal do señor San Martiño, día sabado, qatorse dias do dito mes de mayo do dito anno, en Ourense, enno cabido da dita iglesia, presentes ende en conçello e cabido os rejedores e personas e benefiçiados da dita iglesia (logo to)*, conben a saber Garçia Dias d’Espinosa, Alvaro Afonso, Loys Gonçalves, Gomes de Chantada, Estevo Fernandes rejedores, Afonso Anriques, Pero Fernandes juises et Afonso Ares procurador, Joan d’Ortega mestre escola et Pero Sanches de Baeça, Martin Anes arçediano de Limia et Manuel Afonso tesoureiro et Rodrigo Afonso coengo e vigario do dean Joan d’Espinosa et Gonçalvo Nunes, Afonso de Palmoy bachelleres e coengos et parte dos outros benefiçiados, logo todos ordenaron que tomasen as contas Alvaro Afonso e a Pero Fernandes das sysas e das cousas e beens e mrs. da ponte e faser conta con elles e fençerlas e faser en elo todaslas cousas que el faria presente sendo etç., para o qual tomaron por contadores o dito conçello Afonso Anriques e a Meen Suares ou Afonso Fernandes, dous delles quaes podesen seer avidos ou todos tres podendo seer avydos, e por lo dito cabido a Joan d’Espinosa et (Afonso)* a Manuel Afonso tesoureiro, aos quaes deron seu poder conprido etç. Tests. Meen Suares Galinato et Pero Gomes coengo et Joan Afonso de Tolledo coengo. (fol. 10)