(f. 21 v)
(roto) de jullio. Sabean todos que eu, Juan de Pascoa, mareante, besiño da villa de Pontevedra, que soo presente et que faço por min et por todas mĩas bozes, non costrengudo por força nen por engano resçebido, mas de mia livre et propia voontade, et por desenvargar mĩa conçiençia, quero et outorgo, que por quanto vos Sancha Nunes, mĩa moller, despois que vos et eu fumos casados reparamos et fezemos et levantamos çertas casas et herdades que a min perteesçen por meus avoos, as quaes asi levantamos et fesemos de dineiros propios de vos a dita Sancha Nunes, que a vos ficaron de voso padre et madre et avoos, por ende, eu, o dito Juan de Pascoa, quero et outorgo que vos, a dita Sancha Nunes et bosas vozes que ajades et posades aver et herdar por jur de herdade para senpre en satisfaçon do sobredito, a metade entregamente da casa sotõo et sobrado, dizimo a Deus, que esta ẽna Rua do Verron en medio das casas de Juan Domingues, o bello, et de Juan Domingues, o moço, seu yrmão, con todas suas perteensças et dereituras; a qual dita metade de cada nos asi dou en doaçon ou en dote ou por outra qualquer via que bos de dereito poso et devo dar, para que o asi ajades et posades aver et herdar, en satisfaçon do dito reparamento que asi comigo fezestes ẽnas ditas mĩas casas et herdades que a min perteesçen et son mĩas de parte de meus avoos, et quero et outorgo que des oje este dito dia endeante façades ẽna dita metade de casas toda vosa livre voontade como de vosa causa propia, sen meu enbargo et de mĩas vozes, et prometo et outorgo que eu nen mĩas vozes despos min non bos benamos nen pasemos contra esto que dito he en ninhũu tenpo que seja, aa boa fe de Deus et sen maao engano, et por min et por meus bẽes et seus que vos a elo obligo, so pena de dous mill maravedis de boa moeda que outorgo que eu et mĩas mozes vos pagemos por pena et en nome de interese, se o asi non tovermos, conpriemos et contra elo viermos. Et a pena pagada ou non esto, como dito he, este senpre firme. Et eu a dita Sancha Nunes, que soo presente et que faço por min et por mĩas bozes, asi o resçebo. Ts. que foron presentes: Garçia de Vigo et Gonçalvo Peres, o coxo, mareantes et Fernando, escrivan, criado de min, notario, et outros. Feita.