GMH/ÍNDICE A-Z

1083
1450, abril, 27. Lugo

Pedro de San Lourenzo, Gonzalo Rodríguez e Rodrigo Afonso, clérigos do coro, afóranlles a Xoán Fernández, á súa muller e a unha voz e 29 anos un terreo edificable na rúa Miñá por renda anual de tres marabedís e outras obrigacións.

MADRID, AHN, Carp. 1336 (sen numerar na unidade de instalación), perg. orix., galego, cortesá, 315 x 245 mm.
   

Sabam quantos esta carta de foro viren como nos Pedro de San Lourenço et Gonçalvo Rodrigues de Lea et Rodrigo Afonso de Castro Afonsin, clerigos do coro da iglesia de Lugo, capelaes sen raçon en a dita iglesia, veendo et entendendo que he noso proveyto et dos outros capelaes que vieren despoys de nos damos aforo et avervo a vos Johan Fernandes, çapateiro, visino de Lugo, et a vosa muller, Aldara Peres, et a outra persona qual o pustrimeiro de vos nomear en sua vida ou a tempo de seu finamento, et se non for nomeada que seia persona quen de dereito herdar vosos beens, et mays por viinte et nove anos aleende as ditas personas. Conven a saber huna praça de formal de casa con seu orto et poço que nos avemos et nos perteesçe que esta en a rua Minaa, que esta junto con hun formal que he do Hospital dos proves vergonçosos, et da outra parte esta outro formal de San Laçero; o qual dito formal de casa he sub signo da Capela de San Pedro da dita çiudade de Lugo, o qual vos aforamos con tal pleito et condiçon que vos façades en el casa, ou orto, qual vos ante quiserdes et por ben teverdes; et dedes de foro et pensson de cada hun ano a nos et a aqueles que foren capelaes sen raçon en a dita iglesia tres moravedis de moneda vella, contando tres brancas vellas et hun dineiro por cada moravedi por dia de San Johan; et a finamento da pustrimeira persona et conpridos et acabados os ditos vinte et nove anos avedes de leyxar o dito formal de casa libre et quita et desenbargada con todos los boos paramentos que en elo foren feitos a os ditos capelaes.

Et eu, o dito Johan Ferrnandes, que presente soo por min et por la dita mina muller et persona et mays vinte et nove anos asy reçebo o dito foro et obligo meus beens et seus de o conprir et pagar et atender todo asy. Et nos, os ditos Pedro de San Lourenço et Gonçalvo Rodrigues et Rodrigo Afonso, asy vos lo outorgamos por las maneiras et condiçiones sobreditas, et porque seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso escripto que faça delo dous contrautos anbos feitos en hun thenor.

Que foy feito et outorgado en a çiudade de Lugo, viinte et sete dias do mes de abril, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquenta anos.

Testemoyas que foron presentes: Afonso Lopes, clerigo do coro de Lugo; et Ares do Cabalo, et Fernan de Agrelo, notario, et Fernan Garçia de Mera, et Alvaro Lopes da Ferraria.

Et eu Afonso Yanes, notario publico da çiudade de Lugo por la abtoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta de foro aqui escripvi et fis en ela meu nome et signal que tal he en testemoyo de verdade a pedimento do dito Johan Fernandes.