GMH/ÍNDICE A-Z

D30
1459, marzo, 12
O xuíz ordena a Mendo e a Álvaro Patiño a devolución dunha arca con diñeiro que colleran na casa de Margarida Bouzoa. (fols. 9v-10)

Margarida Bouçooa.

A dose dias de março, en Ourense enna Praça do Canpo, audiençia das vesperas, ante Gomes de Mugares juis da dita çidade, logo o dito juis diso que mandavan a Meendo, fillo de Joan Fernandes prateiro, que presente estava et Alvaro Patino que outrosy presente estava, que por quanto confesavan que tiraran e levaran a dita (a)* da dita casa da dita Margarida, que a tornaran a dita sua casa de manan en todo o dia, con juramento que façian que non tomaron dela diñeiro nihuun et que lle tornen todos los mrs. que an tomado et os ponan enna dita arca en casa da dita Margarida (fol. 9v)
(...) a dita arca pechada et seja (...) casa da dita Margarida e tenan (...) ende a chave et a dita Marga(rida ...) arca por quanto ela et o dito (...) tinan os dous terços et (...) huun, et o dito Meendo diso que (se) demetía dela, et o dito juis diso que non reçebya a demetiçon por quanto estava obrigado. Tests. Joan Paas notario, Lopo de Mugares, mestre Antonio et Meen Vasques.