Sabeam
quantos esta carta virem commo nos o cabidoo d’Ourense,
presente e outorgante Bertolameu Perez thesoureyro e
vigario de dom Gonçalvo Nunez dayam dessa igleia, damos a vos
Johan Eanes de Cristosende e a vossa moller
Mariña Perez o lugar da Costa e o lugar da Galiana que
he su signo de Sam Salvador de Cristosende, a monte e a
fonte con todas suas perteenças et apus morte
de vos anbos que fique a huna vos qual
vos nomeardes por tal condiçon que o lavredes e
paredes bem que non fallesca por mingoa
de lavor. Et dedes ende cada anno dos ditos lugares a
nos ou a quen tever esta renda de nos quarta \de/ pam e
quinta de sachado e meo de nozes e de castanas, et dedes ende
cada anno pola festa de Sam Martiño por dereytura de
cadaun dos lugares seys mor. da moeda del rey dom
Fernando de que contan xvi pares de dineyros por tres
mor. et se esta moeda non for en huso pagardes doutra
moeda que for en huso ou a estimaçon desta
segundo a estimaren dous ommes boons do cabidoo.
Et se sobre alguna cousa veer contenda ontre nos o cabidoo
seia detirmiado por dous do cabidoo çesante toda apelaçon.
Et devedes atirar as casas daquel lugar da Galiana onde estam
e poñellas en outro lugar hu o arçidiago dom Pero
Rodriguez que ten de nos esta renda vir que
mellor estaram e que as façades taes ou mellores commo
aquelas que ora y estam. Et vos e aqueles que
morarem ennos ditos lugares deven seer vassallos
fiees e obedientes ao cabidoo. Et que esto seia çerto
e non veña en dulta mandovos ende fazer duas cartas partidas
por .a.b.c. huna para vos e outra para nos. Esto
foy feyto enno coro da igleia de Sam Martiño
d’Ourense, viinte dias de janeyro, era de mill e ccc xliii
annos. Testemuyas que foron presentes o
arçidiago dom Rodrigo e o arçidiago dom Pero Rodrigues,
Johan de Pinol, Johan Rodrigues, Johan
Eanes, mestre Iohan coengos.
Et eu Bartolomeu Perez thesoureiro sobredito a
esto presente fuy e en mia presença fige escrivir
estas cartas e meu synal y puge en cada huna delas que é tal
en testimuyo de verdade.
(Sinal)
[reverso]
Littera capituli cuiusdam rende in
parrochia de Cristosende in Caldelas.
Anno
domini mº ccccº xxviiº, dia luens, xv dias de
setenbro, en Ourense, Joan d’Ortega
vigario do señor obispo don Diego deu liçençia
e outoridade a estas cartas para Lionor
Gonçalves moller que foy de Estevo
Soutelo, ajo de outorgar estas cartas ao dito
mestrescola. Tests. Afonso da Costa notario,
Lois Fernandes raçoeiro e Joan Afonso
criado de Fernando Falaco e Gomes de Fraço
clerigo.