GMH/ÍNDICE A-Z

1347
1482, setembro, 17. Lugo
O bispo e o Cabido de Lugo afóranlles a Álvaro de Valcárcel, Pedro de Valcárcel e a dúas voces o que lle pertence á mesa capitular en Vilafranca, por renda anual de 350 marabedís os primeiros beneficiarios e 400 marabedís as voces.

MADRID, AHN, Carp. 1333 D/11 (bis), perg. orix., galego, cortesá, 275 x 350 mm.

Sepan quantos esta carta de foro viren como nos las personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo seendo juntos en noso cabildo dentro en a Capela de San Vartolameu en uno con el reverendo senor Alfonso Enrriques por la graçia de Deus et da Santa iglesia de Roma, Obispo da dita iglesia de Lugo et seu obispado, et entendendo et veendo que he noso proveyto et de nosos subçesores, aforamos et damos aforo a vos Alvaro de Valcarçere, que sodes absente, et a voso yrmao, Pedro de Valcarçere, que esta presente et con voso poder et consintimento que para elo por el ante nos foy presentado, et el por si et por vos reçebentes anbos por huna persona et a outras duas personas despoys do postrimeyro de vos, huna qual nomear o postrimeiro de vos et outra qual nomear aquela persona que por lo postrimeiro de vos for nomeada, et non seendo nomeada que seia persona deste dito foro quen erdar os bees do postrimeyro de vos ou a mayor parte deles, et que senpre este dito foro quede en huna persona, todos los erdamentos, casas et plaças et ortas et vinas et erdades, mansas et brabas, et arvores et chantados et bees rayses perteesçentes a a tabla de nos, o dito cabildo, en a villa de Villafranca et sua jurdiçion et en as feligresias de juso nonbradas et segundo que a a dita tabla do dito cabildo perteesçen en qualquer maneira desde o lugar da Fava fasta o Azebo, as quaes ditas erdades, casas, tarreos et vinas de suso nomeadas vos damos et aforamos, como dito he, con todas suas entradas et saydas, jures et pertenençias quantos ha et deven aver asi de feito como de dereito, segundo que a nos perteesçen et perteesçer deven en qualquer maneira et por qualquer rason, et en a maneira que os de nos tevo et trouxo en foro Lopo Peres de Vilafranca et seus suçesores. Conben a saber que vos damos et aforamos, como dito he, tres casas que son sitas en la villa de Villafranca çerca de Valcarçer en la colaçion de Santa Catalina, que estan juntas con outra que ha por terminos de huna parte casa de Garçia Rodrigues, clerigo, et da outra parte casa de Mayor d’Obende et delante rua et Camino Françes; et mays outra casa en a dita villa que soya tener Roy Palleyro, sub el signo de Sant Nicolao, con sua cortina et tres tornos de orto, a qual casa ha por terminos casa que foy de Ares Pandin, et da outra parte en que agora vibe casa de Alfonso Carrelo, et os ditos ortos han por terminos ortos de Sant Juan de Sant Fiis et ortos que foron de Tereia Sanches et de Pedro Garçia. Et mays vos aforamos huna vina que jas onde dizen [...], so signo de Santa Marta de Vilela, que ha por terminos ençima heredade et vina da Capela de Santa Maria Madalena de Astorga et vina que fuy de Juan Lobo et de Ares Poonbo, et da outra parte vina que foy de Gonçalvo Noven, et d’outro cabo vina que foy de Juan de Pares, et en fondo camino antigo que bay a fonte Poonbeyro, et en baixo camino antigo que bay para Vilela, et da outra parte heredade que fuy de Nuno Martines; et mays outra vina, so o dito signo, que jaz sobre carreira que soyan chamar a vina da Figal, que ha por terminos en fondo camino antigo et da outra parte heredade que foy de Mayor Alfonso et de Ares do Cutian, et da outra parte vina que agora he de Nuno Martines de Valcarçel; et mays outra cortina que jas a a porta de Vilela dentro en a villa, so signo de Santa Maria de Crunego, que ha por terminos herdade et corral que soya teer Pedro Figales et erdade et casa que foy de Ares, sobrino de Aldonça Paes, asi como fere en o poço do Conçello et vay dar en o corral que foy de Fernando Estebees et de Lopo Quintas; et mays outra vina que jas donde disen a Pedreira, so signo de Santa Maria de Crunego, que ha por terminos vina de Sant Nicolas et en fondo et ençima caminos antigos; et mays outra vina que jas a a Pena del Oso, so o dito signo de Santa Maria, et ha por terminos ençima erdade de Sanchristia et do conbento de Crunego, et da outra parte erdade de Santa Catalina et vina da Capela de Santi Espiritus; et mays outra vina que jas onde disen o Azial, so o dito signo de Santa Maria, que ha por terminos da huna parte erdade de Meyra et vina que foy de Aldara Lourença, et da outra parte erdade de Meyra et vina que foy de Sancho Vidal, et en fondo camino antigoo et ençima erdade de Carrazedo; et mays outra erdade que jas en Val de Pineyro, so signo de Santa Maria de Valtuylle de Suso, que ha por terminos vina que foy de Juan dos Santos, et da outra parte vina que foy de Juan do Souto, et en fondo rigueyro antigoo, et ençima camino antigoo; et mays outra vina que jas a Averlouco, so o signo de Santa Maria do Camino, que solia tener Nuno Gomes; et mays un tarreo en a voca do Val de Mouro, so signo de Sant Payo de Valtuylle de Juso, que ha por terminos en fondo Camino Françes et ençima erdade do Moosteiro de Meyra, et da outra parte erdade de San Juan; et mays outros dos tarreos que jasen ençima do Poulo da Veyga, so o dito signo de San Payo, et un ha por terminos de duas partes erdades da orden do dito senor Juan et da outra parte erdade que fuy de Eynes Martines et camino antigoo que vay da calçada para o dito lugar de Valtuille; et mays outro tarreo, sub o dito signo, que ha por terminos erdade do dito Sant Juan et do Moosteiro de Santo Andres et do Espital que hedificou Fernando Boon; et mays outro tarreo que jaz onde dizen Pedro Chico que ha por terminos ençima herdade de Sant Juan et erdade que foy de Nuno Ares, et da outra parte herdade do Moosteyro de Santa Maria de Crunego asi como fere en fondo en o Poulo de Veiga; et mays outro tarreo que jas a a voca de Val de Linares so o dito signo de Sant Payo, que ha por terminos erdade do Moosteyro de Meyra et do Moosteyro de Crunego et do Moosteyro de Carrazedo et erdade que foy de Nuno Ares; et mays outro tarreo que jas donde disen a Ayrola, so o dito signo de San Payo, que ha por terminos en fondo erdade do Moosteyro de Meyra et da outra parte erdade do dito Espital, que foy de Fernando  Boon, et da outra parte erdade do Moosteyro de Sant Miguel das Donas; et mays outro tarreo que jase onde disen a Nogal da Beyga, so o dito signo de Sant Payo, que ha por terminos da huna parte caminoo antigoo que ben de Valtuylle de Suso para Valtuylle de Juso sub o Camino Françes, et da outra parte erdade que foy de Elvira Lopes, muller que foy de Vasco Peres, notario, et erdade do Moosteyro de Crunego et do dito espital de Fernando Boo; et mays outro tarreo que jaz onde disen a sua Nogal da Beyga, so o dito signo de Sant Payo, que ha por terminos herdade que foy da dita Elvira Lopes et erdade do dito espital asi como fere en a rigueyra antigoa; et mays outro tarreo que jas onde disen a Çima de Vila dentro en a cortina de Meyra, so o dito signo de Sant Payo, que ha por terminos erdade que foy de Eynes Martines et erdade do Moosteyro de Meyra et ençima erdade do Moosteyro de Crunego; et mays outro terreo que jas onde dizen cabo do Lagar de Saamos, so o dito signo de Sant Payo, que ha por terminos erdade de Samos et camino antigoo et erdade que foy de Diego Garçia, clerigo de Toural, et herdade que foy de Gonçalvo de Corne; et mays huna vina que jas en o lugar que dizen o Condado, so o dito signo de Sant Payo, que ha por terminos vinas de Samos das duas partes et da outra parte vina do Moosteyro de Meyra, et ençima camino antigoo que disen da Ayrola que bay para o Castro da Bon[...]; et mays outro terreo que jas onde dizen o Ardaguete, so o dito signo de Sant Payo, que ha por terminos ençima erdade do dito espital de Fernando Boo et herdade de Samos; et mays outro terreo que jas onde dizen o Prado da Lama, so o dito signo de Sant Payo, que ha por terminos erdade da dita iglesia de San Payo et terminos herdade do Moosteyro de Carrazedo et camino antigoo; et mays outro terreo que jas çerca do dito Prado, so o dito signo, que ha por terminos herdade do dito espital et erdade da iglesia de Astorga, et da outra parte erdade do Moosteyro de Meyra. Et mays vos aforamos outro lugar do dizen a Fonde de Romeus, a a qual dizen o Poulo de Lugo, so signo de San Martino de Pieyros et do dito Sant Payo de Valtuylle, que ha por terminos vina que foy de Maria Lopes et erdade que foy de Ares Peres o vello, et da outra erdade que foy de Moor Ferrnandes, sua neta, et da outra parte monte robre; et mays outro terreo que jaz a a fonte do Juntal, so o dito signo de Sant Martino, et ha por terminos erdade que foy de Diego Estebees et ençima erdade da iglesia de Santiago de Vilafranca et en fondo Camino Françes; et mays outro terreo que jaz a a Carral de Castro, so o dito signo de Sant Martino, que ha por terminos erdade que foy de Lopo Auenas et Camino Françes, ençima camino antigoo que vay para o Castro da Ventosa; et mays outro tarreo que jas do dizen Fondo de Vila, so o dito signo de Sant Martino, que ha por terminos erdade que foy de Mayor Chufona et en fondo Camino Françes, et da outra parte herdade da caridade de Pieyros et ençima vina que fuy de Maria Filla; et mays outro tarreo que jas do dizen Rabo d’Ouro, so o dito signo de Sant Martino, que ha por terminos ençima vina de Carrazedo et en fondo camino antigoo que vay para o Castro da Ventosa; et mays outro tarreo que jas onde disen as Mallolas do Castro, so o signo do dito San Martino, que ha por terminos en fondo herdade do dito San Martino et da outra parte erdade de Carrazedo et da outra parte herdade do Moosteyro de Santo Andres; et mays outro terreo que jaz onde dizen a Cortina do Lagar, so signo de Santa Maria de Valtuylle de Suso; et mays outro tarreo que jaz en a cortina de suas casas, so o dito signo de Santa Maria, que ha por terminos erdade do Moosteyro de Crunego et da outra parte erdade que foy de Alfonso Ares da Porta do Castelo; et mays outro tarreo que jas onde dizen o Verdello, so o dito signo de Santa Maria, que ha por terminos herdade da hermandade et do outro cabo figueyre et topa en a herdade que foy de Lopo Peres; et mays outro tarreo que jas a o Pereyro da Veyga, so o dito signo de Santa Maria, que ha por terminos da huna parte herdade de Crunego et da outra parte herdade da dita iglesia de Santa Maria de Valtuylle, et erdade do Moosteyro de Santo Andres et camino antigoo que bay para Valtuylle de Juso; et mays outro terreo que jaz a o Nogal da Calçada, so o dito signo de Santa Maria, et ha por terminos herdade do Moosteyro de Crunego et herdade do Moosteyro de Sant Guillelme de Villaboa et erdade do Moosteyro de Sant Andres; et mays outro tarreo en Val de Mouro, so dito signo de Santa Maria, que ha por terminos herdade que foy de Gonçalo Vedes asy como fere en o rigueyro de Val de Nor; et mays outro tarreo que jas onde dizen o Carril, su o dito signo de Santa Maria, que ha por terminos herdade do Moosteyro de Vilaboa et herdade que foy de Gonçalvo Yanes et da outra parte herdade que foy de Maria Ares et a çima monte robre asi como fere en o camino antigoo que bay para Valtuylle de Suso desde Pieyros, que disen do Carril; et mays outro tarreo que jaz a Siradelo, so o dito signo de Santa Maria, que ha por terminos vina foreyra de San Nicolao de Vilafranca asi como fere en a fonte do Furidelo, et da outra parte erdade da Suçesion et por çima camino antigoo et fere en a herdade que foy de Gonçalvo Yanes de Vilafranca; et mays outro tarreo en casal de Ledo, so o dito signo de Santa Maria, que ha por terminos erdade et souto que foy de Mayor Ferrnandes, neta de Ares Peres o bello, et da outra parte erdade que foy de Viringuela Gomes asi como fere en fondo en o rigueyro antigoo et ençima camino antigoo; et mays outro tarreo en Valelo, so o dito signo de Santa Maria, que ha por terminos vina que foy de Aldonça de Pradela et en fondo erdade que foy de Mayor Ferrnandes et da outra parte herdade do Moosteyro de Crunego et de Nuno Martines et ençima camino antigo; et mays outro terreo que jas donde dizen a Cantarina, so o dito signo, que ha por terminos de huna parte herdade do Moosteyro de Crunego et da outra parte erdade que foy de Diego Pandin et ençima herdade que foy do dito Gonçalvo Yanes; et mays outra erdade en o lugar de Vilamayor çerca do Toural, onde disen a Chaa de Loca, so o signo de Sant Christobal de Toural, que ha por terminos erdade do Moosteyro de Samos et erdade que foy de Gonçalvo d’Armesto et erdade do Moosteyro de Carrazedo; et mays outro tarreo, so o dito signo de San Christoval, que ha por terminos erdade de Santa Maria d’Astorga et da outra parte erdade do Moosteyro de Samos et de duas partes erdade que foy de Gonçalvo d’Armesto et Gonçalvo Yanes de Vilafranca asi como fere en a rigueyra antigoa; et mays outro tarreo onde disen a Matal de Malloo, so o dito signo de Sant Christoval, que ha por termios erdade que foy de Ares Calbelo et de outra parte erdade que foy de Gonçalvo d’Armesto; et mays outro tarreo que jas onde dizen a leyra do Peron, so o dito signo de Sant Christoval, que ha por terminos erdade do Moosteyro de Carrazedo et da outra parte erdade que foy dos fillos de Gonçalvo Yanes, et da outra parte erdade do Moosteyro de Meyra, et de outra parte erdade do Moosteyro de Meyra, et de outra parte erdade que foy de Juan Alfonso de Saamos, et da outra parte erdade da dita iglesia de San Christobal; et mays outro tarreo en lugar de Narayan, onde dizen a Costa de Lugo, so signo de Santa Maria de Narayan, que ha por terminos erdade que foy de Tereia Sanches, et d’outra parte erdade que foy da dita Tereia Sanches et de Pedro Garçia, seu hermano, et ençima erdade do espital de Canpo de Narayan, et da outra parte herdade que foy de Gonçalvo Yanes de Vilafranca, et da outra parte erdade que foy de Fernando de Narayan et camino antigoo, et en fondo erdade de Carrazedo et de Santi Spiritus; et mays outro tarreo que jas do dize Val do Paço, so o dito signo de Santa Maria de Narayan, que ha por terminos erdade que foy de Fernando Peres de Magas, et da outra parte erdade de Carrazedo; et mays outros dous tarreos que jasen do dizen o Carballo, so o dito signo de Santa Maria de Narayan, que an por terminos camino antigoo que vay de Narayan para o canpo et erdade que foy de Fernando Ares de Ponferrada, et en fondo et ençima herdade que disen dos Mallos et erdade do dito espital et erdade de Astorga et en fondo rigueira antigoa; et mays outro tarreo que jaz o dizen a Tourada do Prado de Munquin, so o dito signo, que ha por terminos de huna parte herdade de Santi Spiritus, et en fondo erdade que foy de Eynes Pascual; et mays outro tarreo que jas onde dizen Carralmençia, so o dito signo de Santa Maria de Narayan, que ha por terminos erdade que foy dos ditos Pedro Garçia et Tereia Sanches et do dito espital et camino antigo que vay para Outeyro; et mays outro tarreo que jas onde dizen a Corredeyra, so o dito signo de Santa Maria de Narayan, que ha por terminos camino antigoo do Espineyro et da outra parte herdade do dito espital, et en fondo erdade que foy do dito Pedro Garçia, et ençima herdade de Santi Spiritus; et mays outro tarreo que jas onde dizen Fondiloos, so o dito signo de Santa Maria de Narayan, que ha por terminos herdade da dita iglesia de Santa Maria et erdade que dizen dos Mallos et camino antigoo da Corredoyra; et mays outro terreo, so o dito signo, que ha por terminos erdade que foy dos Mallos et erdade que foy de Fernan de Narayan, et da outra parte erdade do dito espital, et da outra parte erdade que foy da dita Tereia Sanches et camino antigoo que bay para o Prado, et en fondo erdade que foy do dito Pedro Garçia; et mays outros dous terreos que jasen en Val de Paaçio, so o dito signo de Santa Maria de Narayan, ho un deles ha por terminos herdade que foy da dita Tereia Sanches et erdade de Santi Spiritus, et ho outro ha por terminos erdade de Santi Spiritus et erdade que foy dos Mallos et erdade que foy de Tereia Lopes, muller que foy de Pedro Alfonso de Narayan; et mays outro tarreo que jas onde dizen Aperas das [...] tençias, so o dito signo de Santa Maria de Narayan, que ha por terminos erdade que foy de Garçia de Narayan et en fondo erdade de Carrazedo, et da outra parte erdade que foy da muller de Juan Guterres et camino antigoo que bay para os casares. Et mays vos aforamos, como dito he, outro terreo que jas a do dizen o Rebenton, so signo de Sant Juan de Vilalibre, que ha por termios da huna parte erdade de Sant Andres d’Espinareda, et da outra parte erdade que foy de Gomes Garçia de Riveyrina; et mays outro terreo que jas o disen o Nogalleiro de Vilalibre, so o dito signo de Sant Juan, que ha por terminos da huna parte erdade que disen da Capela, et da outra parte camino antigoo; et mays outro tarreo en a Veyga de Veleco, so o dito signo de Sant Juan, que ha por terminos da huna parte et da outra herdade de Zebreiro; et mays outro tarreo a par de Barreyra, so o dito signo de Sant Juan, que tee por terminos da huna parte herdade que foy de Garçia Ramos, et da outra parte erdade que disen dos Nunes; et mays outro tarreo que jas a a Nogallina, so o dito signo de Sant Juan, que ha por terminos da huna parte herdade que disen de los Nunes, et da outra parte erdade de Carrazedo et camino antigoo; et mays outros dous tarreos que jasen o Silvar da Marta, so o dito signo, o hun ha por terminos da huna parte erdade de Sant Juan, et da outra parte herdade de Sant Salvador de Mera, et ho outro terreo ha estes mismos terminos que feren anbos en huna erdade de Zebreiros; et mays outros dous terreos que jasen a o Touralin, so o dito signo de Sant Juan, que han por terminos camino antigoo por medeo de anbas et ho de çima do camino ha por terminos da huna parte herdade de Carrazedo, et da outra parte erdade de San Salvador de Narayan, et ha de bayxo ha por terminos erdade que foy de Gomes Alvares, et da outra parte erdade que foy de Juan Cordeyro; et mays outro terro a a çima de Sant Juan de Vilalibre, so o dito signo de Sant Juan, que ha por terminos da huna parte herdade que foy de Rodrigo Juanes, et da outra parte camino antigoo; et mays outro terreo que jas a çima da Nogal que disen de Axuebo, so o dito signo de Sant Juan, que ha por terminos da huna parte herdade do Concello, et da outra parte erdade de Carrazedo et de los Nunes; et mays outro terreo que jaz en o Nogaleiro, so o dito signo de Sant Juan, que ha por terminos da huna parte herdade do dito San Juan, et da outra parte erdade de Sant Miguel das Donas; et mays outro terreo que jas a a sylvar, so o dito signo de Sant Juan, que ha por terminos da huna parte herdade de Sant Salvador, et da outra parte erdade de Carrazedo. A tal pleito et condiçon que vos, os ditos Alvaro de Valcarçel, et as personas que despoys de vos vieren et suçederen en o dito foro fagades labrar et reparar ben as ditas casas et as erdades et vinas et arvores, et plantedes de vina as erdades para elo perteesçentes, et tenades as casas feitas et cubertas et en boo paramento, et fagades et levantedes as casas que jasen en ermo et derrocadas. Et dedes de foro vos, os ditos Pedro de Valcarçel, et Alvaro de Valcarçel tresentos et çinquenta maravedis de moeda vella de longos da vosa vida, et as outras duas personas, que despoys de vos vieren, cada huna quatroçentos maravedis da dita moeda, en cada un ano, da moeda que andar et correr en este Reyno de Galisia, os quaes ditos maravedis vos et as ditas duas personas, despoys de vos, os avedes de dar et pagar en paz et en salvo et sen desconto algun en esta çiudade de Lugo, cada un ano, por cada domingo de Lazaro, su pena que non nos fasendo vos et as ditas personas a dita paga a o dito dia que por ese mismo feito pergades et aquelas pergan este dito foro. Et se alguna question, pleito, ou contenda ouver, ou se rescresçer, ou mover çerca dos ditos bees et cousas sobreditas que sejades tiudas et obligadas vos et vosas personas de os deffender et letigar a toda vosa custa, risco et misiion. Et con condiçion que cada huna das ditas personas, que suçeder en o dito foro, seja sirvente et obediente a o dito cabildo, et mays seja tiuda et obligada de viir mostrar a o dito cabildo como he foreyra et persona del do dia que en el suçeder por persona fasta trinta dias primeiros seguentes, et dende a outros trinta dias logo seguentes seia tiuda et obligada de dar fiadores a o dito cabildo de teer as ditas cass, ortas, erdades et vinas en boo paramento, et conplir et atender este dito foro et faser a pagar del en cada un ano a nos, o dito cabildo, ou a noso moordomo, dentro en a dita çiudade de Lugo, en o dito termino su a dita pena que se non se conplindo que perga o dito foro, como dito he, et se torne a nos querendoo reçeber. Et outrosy con condiçon que vos, os ditos Alvaro Valcarçere, et Pedro de Valcarçere, nen vosas personas, que depoys de vos suçederen en o dito foro das ditas erdades et casas et vinas, nen parte delas, non posan faser foro a persona alguna salvo de consentemento expreso do dito cabildo, et que os taes foros se fagan en cabildo, et juredes que non son enganosos a o dito cabildo et enviedes o dito juramento a o dito cabido signado de notario. Et demays que a persona et personas que suçesivemente suçederen en o dito foro que cada vegada seia huna persona sola et non mays, como dito he, et non moytos erdeyros, por tal via que huna persona sola tena o dito foro et ho non posa devidir, nen partir, nen venderlo, nen sopinorarlo, nen enagenarlo a persona alguna sen propia et expreso consentemento do dito cabildo. Et a finamento da postrimeyra persona, que suçedere en o dito foro, que todos los ditos herdamentos et casas et [...] et ortas et vinas et erdades, mansas et brabas, et arvores et chantados con todas las benfeytorias que en eles foren et esteveren feitas queden libres, quitos et desenbargados a nos, o dito cabildo, et nosa tabla capitular.

Et eu, o dito Pedro de Valcarçere, que presente estou por min et en nome do dito Alvaro de Valcarçere asi reçebo o dito foro de vos, o dito cabildo, das ditas erdades, casas, ortas et vinas et bees rayses por la maneira et condiçoes sobreditas para nos et para as ditas personas, et obligo a min et a meus bees et do dito Alvaro de Varcarçere et das ditas personas de cumplirmos, pagarmos et atendermos todo o sobredito, segundo et en a maneira que esta carta de foro se conten, su a dita pena, et para mellor atender et pagar todo o sobredito por esta presente carta me sumeto a min et a o dito Alvaro de Valcarçere, por vertude do dito poder que del teno et me el deu et outorgou çerca delo, et as ditas nosas personas, que despoys de nos suçederen en o dito foro, a aforo et jurdiçion eclesiastica da dita iglesia de Lugo para que nos et elas respondamos a dereito sobre lo dito foro et bees et paramentos deles et custas se se recresçeren entre nos et vos, o dito cabildo, por rason dos ditos bees et foro et paranças deles, et sobre qualquer cousas delo, et queremos et mandamos que vos sen nos seermos çitados por vos, nen por outro en voso nome, que posades contra nos et contra qualquer de nos sobre la dita rason proçeder por toda çensura eclesiastica da dita iglesia de Lugo ben asi como se fosemos en a çiudat et obispado de Lugo en propias personas, et que nos posades çitar, se mester for, dentro en a dita iglesia et proçeder contra nos fasta sentença definitiva inclusive et esxecutarla en nosos bees et dos ditos fiadores, et prometemos a voa fe asi omes fidalgos de non yr contra esto sobredito en juyso nen fora del por nos nen por outra persona, et se o fesermos que non valla nen sejamos sobre elo oydos.

Et nos, o dito cabildo, asy vos outorgamos o dito foro por los modos, maneiras et condiçoes sobreditas, et obligamos os bees do dito cabildo de vos defender a dereito con o dito foro dandonos vos, os ditos Pedro de Valcarçere et Alvaro de Valcarçere, fiadores sufiçientes que paguedes cada ano o dito foro, como dito he, et reparedes et fagades reparar as ditas casas, ortas et erdades et bees sobreditos, et fagades as ditas casas et prantedes as ditas vinas, et que se sumetan a a dita nosa jurdiçion como dito he. Et demays por esta presente carta vosa damos todo nuestro poder complido para que vos et cada un de vos et as personas, que despoys de vos suçederen en o dito foro, posades demandar et demandedes a qualquer ou quaesquer persona ou personas asi eclesiasticas como seglares que algunas erdades, vinas, ou casas, ou arvores, ou outros bees rayses dos sobreditos teen en os ditos terminos para que vos los mostren et presenten os foros que deles teen, et para que os posades demandar asi en juyso como fora del que os reparen, segundo et en a maneira que en suas cartas de foro for contiudo, et reçeberlles os ditos foros se for menester et complideyro a o dito cabildo. Et porque esto seia çerto nos las partes rogamos et mandamos a o notario juso escripto que faga delo duas cartas de foro anvas en un tenor huna para vos, os ditos Pedro de Valcarçere et Alvaro de Valcarçere, et vosas personas et outra para nos, o dito cabildo, et por mayor firmesa mandamos seellar con noso seello pendente a carta de vos, os ditos Pedro de Valcarçere et Alvaro de Valcarçere.

Que foy feita et outorgada en a dita çiudade de Lugo en a dita Capela de Sant Vertolameu, des et sete dias do mes de setenbro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et oytenta et dous anos.

Testigos que foron presentes et outorgaron todo o sobredito estando presente o dito senor Obispo: Johan Afonso, chantres; et el bachiller, Pedro Ferrnandes das Camoyras, arçediano de Deçon; et Diego Gomes de Fonteyta, arçediano de Triacastela; et Gomes Garçia de Goyoso, juys; et Gomes Ares, thesoreiro; et Juan Ares de Parga, Pedro Ferrnandes de Mera, et Roy Dias de Freyxo, et Alvaro Martines de Galdo, et Andres Gomes, et el bachiller, Pedro Ferrnandes de Vilafranca, canonigos; et Juan Ares Mançebo, raçoeiro da dita iglesia de Lugo.

Et eu Johan Ferrnandes, clerigo da diocesis de Lugo, notario publico por las autoridades apostolica et ordinaria, a todo o sobredito en un con os ditos testigos presente fuy et esta sobreditas carta de foro, segundo se por ante min pasou, aqui con mina propia maao escrevi et sentey en o libro do dito cabildo et para el, et di outra tal signada deste propio signo a os ditos Pedro de Valcarçere et Alvaro de Valcarçere, et aqui puge meu signo et nome acostumados que he a tal rogado et requerido.

Materias

alcume; árbore; árbore; árbore; árbore; arcediago; avó; bacharel; benedictino; beneficiado; bispo; canon foral; capela; capela; carballo; casas; casas; castro; catedral; chantre; cisterciense; cluniacense; cóengo; concello; construción; construción; convento; cortiña; cortiña; crego; crego; crego; dignidades; esmola; esposa; esposo; familia; familia; festa; fidalgo; fillo; fonte; freguesía; horta; hospital; irmá; irmán; irmán; irmandade; labores; lagar; Libro do Cabido; licenza; linde; marabedí; mesa capitular; montes; mordomo; muller; muller; neta; nogueira; nogueira; notario apostólico; orde de Cluny; Orde de San Bieito; orde do Císter; pai; peregrino; pozo; racioneiro; regato; regato; regueiro; selo; soar; sobriño; souto; tía; vasalo; viña; viúva; cabido

Persoas

Afonso Ares da Porta do Castelo; Afonso Carrelo; Afonso Martínez de Galdo, cóengo de Lugo; Aldara Lourenza; Aldonza de Pradela; Aldonza Paez; Álvaro de Valcarce, escudeiro; André Gómez, cóengo de Lugo; Ares do Cutián; Ares Pandín; Ares Pérez, o vello; Ares Pombo; Berenguela Gómez; Diego Estévez; Diego García, crego; Diego Gómez de Fonteita, arcediago de Triacastela; Elvira López; Fernando Ares de Ponferrada; Fernando Bo; Fernando de Naraia; Fernando Estévez; García Ramos; García Rodríguez, crego; Gómez Álvarez; Gómez Ares de Covelo, tesoureiro de Lugo; Gómez García de Gaioso, xuíz de Lugo; Gómez García de Ribeiriña; Gonzalo de Armesto; Gonzalo de Corne; Gonzalo Eáns; Gonzalo Eáns de Vilafranca; Gonzalo Noven; Gonzalo Vedes; Inés Martínez; Inés Pascual; Lopo Avenas; Lopo Pérez; Lopo Pérez de Vilafranca; Lopo Quintás; Maior Afonso; Maior Chufona; Maior de Ovende; Maior Fernández; María Ares; María Filla; Maria López; Nuno Ares; Nuno Gómez; Nuno Martínez de Valcarce; Pedro Afonso de Naraia; Pedro de Valcárce, escudeiro; Pedro Fernández das Camoiras, arcediago de Dozón; Pedro Fernández de Mera, cóengo de Lugo; Pedro Fernández de Vilafranca, cóengo de Lugo; Pedro García; Pedro García; Roi Díaz do Freixo, cóengo de Lugo; Roi Eans; Roi Palleiro; Sancho Vidal; Sancho Vidal; Tareixa López, viúva; Tareixa Sánchez; Tareixa Sánchez; Vasco Pérez; Xoán Afonso Picado, chantre; Xoán Ares de Parga, cóengo de Lugo; Xoán Ares Mancebo, racioneiro de Lugo; Xoán Cordeiro; Xoán de Pares; Xoán dos Santos; Xoán Fernández, notario apostólico; Xoán Gutérrez; Xoán Lobo; Afonso Enríquez, bispo de Lugo; Xoán Afonso de Samos

Outros

San Miguel de Donas, mosteiro; San Xiao de Samos, mosteiro; Santa María de Carracedo, mosteiro; Santa María de Crúnego, convento; Santa María de Meira, mosteiro; Santo André de Espiñareda, mosteiro; Vilafranca do Bierzo, concello; Lugo, cabido

Lugares

Ardaguete; Aspa, viña en; Astorga; Astorga; Averlouco; Axuebo; Ayrola, terreno en; Azial, viña; Camoiras, As; Camponaraia; Camponaraia, Santa María; Cantarina; Carballo; Carracedo, Santa María, mosteiro; Carral de Castro; Carralmençia; Carril; Chaa de Loca; Çima de Vila; Condado; Corne; Corredeyra; Costa de Lugo; Crunego, Santa María, mosteiro; Cutián; Donas, San Miguel, mosteiro; Dozón; Espiñareda, Santo André, mosteiro; Figal, viña da; Fonde de Romeus, lugar de; Fondiloos; Fonte do Juntal; Fonte Poonbeyro; Fonteita; Freyxo; Gaioso; Galdo, Santa María; Iradelo; Lagar de Saamos; Lagar, cortina do; Ledo; Magas; Mallolas; Meira, Santa María, mosteiro; Mera, Sant Salvador; Nogal da Beyga, terreno en; Nogal da Calçada; Nogalleiro de Vilalibre; Outeiro; Parga, antiga xurisdición; Pedreira; Pedro Chico, tarreo; Pena del Oso; Pereyro da Veyga; Peron, leyra; Pieiros; Pieiros, San Martiño; Ponferrada; Poulo da Veyga; Pradela, San Pedro; Prado da Lama; Rabo d'Ouro; Rebenton, O; Riveyrina; San Fiis, ortos; San Juan, erdade; San Nicolás; Sant Juan, ortos de; Sant Nicolas, vina; Santa Catalina; Silvar da Marta; Souto; Tourada do Prado de Munquin; Toural dos Vados; Toural dos Vados, San Cristovo; Touralin; Triacastela; Val de Linares; Val de Nor; Val de Pineyro; Val do Mouro; Val do Paço; Valcarce, antiga xurisdición; Valelo; Valtuille de Abaixo; Valtuille de Suso; Valtuille, Santa María; Verdello; Veyga de Veleco; Vilaboa, San Guillerme, mosteiro; Vilafranca do Bierzo; Vilafranca do Bierzo; Vilalibre, San Xoán; Vilamayor; Vilela, Santa Marta