GMH/ÍNDICE A-Z

002
1457

-2-

Este dito dja, mes e ano4, ẽno dito logar. O dito Ferrnand Munjs de Deyra, morador / ẽna fregresja de Sã Viçenço4 de Sespoõ, se obligou cõ todos seus bees a / dar a Jon de Barral, labrador, morador ẽna fregresja de Santa Coõba / de Rriãjo, que presẽte estaua, ou a que(e)n seu poder ouver, seysçentos4 e sesẽta morauidís que del rreçebja prestados; rrenũçió as leys en rrasõ / da paga, et çétera, pagados en esta maneyra: en seys anos4, en cada / hũu ano4, hũa pipa de vjno de XXXVJ canadas vellas e hũa / faneyga de pã, medjo mjllo e medjo çẽteo, porla medida de Rriãjo, apreçiado e vendido en çẽto e des morauidís, en cada hũu / ano4 fasta os ditos seys anos4 serẽ cõpridos37 e pagos os / ditos DCLX morauidís; e39 que lo dé e o el aja ẽnos seus herdamẽtos / e bẽes rreýses que ha e lle pertẽesçen en toda a freigresja de Santa / María d'Asados, todo so pena do dobro da dita cõtía. Deu poder a las justiçias e rrenũçiou todas leys4 e outorgou carta firme, / qual paresçer4 de meu signo4. Testigos: Jon Pereyreyros e Afonso / Pereyreyros, seu fillo,e Jon Peres da Pera do Outeyro, vesiños do dito / porto.//

____

4 Leva un trazo sobre a palabra.
37. Está escrito copdos cun trazo por riba.
38. Despois está riscado dou ca.
39. O e está escrito sobre so.