GMH/ÍNDICE A-Z

015
1457

Abdiencia

-15-

Sentençja.

Quinta feyra, çinco djas de mayo, ano4 dito. Ante Gomes de Rribademar, juís ordenario, / pareçeu Jon Munjs, morador ẽna freigresja de Sãt'Ander de Cures, e puso por demãda a Ferrnand74 / Toujo, morador en Sayo[a]ne de Maçẽda[75], que lle tomou e entrou çerta herdade de76 pã labrar77 que lle pertẽesçía ẽno lugar / de Velles; pedeu que lla mãdase deixar, negoullo; deixoo en seu juramẽto e / jurou que nõ tenja tomado nẽ entrado cousa súa e que todo o que tijña dentro de / seus marcos era seu; o dito juís mãdou que touese a dita heredade en seu / jur e posesiõ como a tijña e así o mãdou por súa sentençja, poyslo deixou / en seu juramento deçesorio. A qual dita heredade se chama a leyra da Çerque(e)ira, / que entesta ẽna leyra da Çerque(e)ira de Ferrnand Vjdal. Testigos: Martjn de Rrinlo / e Pero dos Santos e Ares de Barrãtes78.

A Fernand Tovío /

Dou 3. IIJ morauidís.

 

_______

4. Leva un trazo sobre a palabra.
74. Despois está riscado Tovío.
75. Morador en Sayo[a]ne de Maçẽda está entreliñado. Está escrito sayone.
76. De está entreliñado.
77. Está escrito pã labrardia e as dúas últimas letras riscadas.
78. Ferrnand Toujo, morador en Sayoane de Maçẽda está engadido ó final da nota para aclara-la difícil lectura dun entreliñado anterior; véxase n. 75. Sayoane leva un trazo sobre a palabra.