7 
    
 
    xaneiro, 4 
    
 
    Sancho de Castro, reitor da igrexa de San Breixo, no val de Celanova, outorga poder xeral a Xoán de Vilaboa, capelán de Santa Eufemia, para arrendar, cobrar e procurar o seu beneficio durante o presente ano. (fol. 2v)     
    
 
    Joan de Vilaboa. 
    
 
    A quatro dias do dito mes, Sancho de Castro, clerigo reytor da igleia de San Breixemo do val de Çelanova, feso seu procurador e deu todo seu poder conprido a Joan de Vylaboa, clerigo capelan de Santa Oufemea para que por el et en seu nome posa procurar et arrendar o dito seu benefiçio este primeiro anno que viinra por lo preço e contía de mrs. que a el ben visto for et coller et recadar os frutos et rendas del e dar carta e cartas de pago et entrar sobre elo en juiso e ajuisar et faser todas las cousas que el faria con poder de sustetuyr etç., poder abastante etç. e obrigou seus beens etç. Tests. Alvaro Frade e Ares Fernandes alfayate et Gomes Ares seu criado. (    fol. 2v)