GMH/ÍNDICE A-Z

166

1421, xaneiro, 2.
Juan Fernández Abril, alcalde durante 1420, toma xuramento a Martín Serpe e Gómez Rodríguez, nomeados para dito cargo durante o ano 1421.
O Concello ordena que se dean as cartas de costume ós veciños da cidade, e sinala dous meses de prazo para os alcaldes do ano anterior para o cobro das súas dereituras.
O Concello ordena ós procuradores que pescudasen o que se lles debía ós alcaldes polos seus salarios, e se lles pagasen.

Quinta feira dous dias do mes de janeiro, este dito dia seendo o conçello, alcalles e regidores, jurados e omes bõos  //
(Fol. 85)
da çidade de Santiago juntados enno moesteiro de San Payo d’Antealtares da dita cidade por crida de anafil segundo que an de uso e de costume, presentes ende Martin Serpe e Gomes Rodriges bachiller en Decretos, alcalldes enna dita çidade e Fernan Gonçales do Preguntoiro, Afonso Fernandes Abril, Alvaro Alonso Juliate, Sancho Sanches de Moscoso, Juan Ares da Cana, Martin Galos, jurados da dita çidade en presença de min Fernan Eanes, notario etc. e escusador etc. e dos testemoyas etc. enton Juan Fernandes Abril alcalle que foy enno dito anno pasado tomou juramento sobre sinal de crus dos ditos Martin Serpe e Gomes Rodriges alcalldes que usasen ben e verdadeiramente do ofiçio da dita alcaldia e eles asi o juraron. Testemoyas: Vasco Fernandes Troquo e Gonçalo de Covas e Vasco Gomes de Marçoa e Alvaro Gil e Pero Eanes Abraldes vesiños da dita çidade.

Predito.- Mandaron dar cartas acostumadas aos veciños da çidade e deron termino de dous meses a os ditos Juan Fernandes e Vasco Peres para demandar suas dereituras.

Predito.- Mandaron que os procuradores (Juan Raposo e Nuno Vinagre e Juan Fernandes e Vasco Peres Abril) ouvesen conta con os alcalles de seu selarios e que lles pagasen o que lles fose devido por conta. Testemoyas: os sobreditos.