(ff. 38 v-39 v)
Veyte et hũu dias do dito mes de novembro. Sabean todos que eu //Juan Canpeeiro, besiño et morador ẽna villa de Pontevedra (roto) et que faço por mĩ et por todas mĩas vozes, non costrengudo por força nen por engãno resçebido, ma de mĩa livre et propia voontade, vendo firmemente et outorgo por jur de herdade para todo senpre a vos Pero Eanes da Rigeira, meu yrmãao, morador ẽna fiigresia, de San Christovoo de Candian, que sodes presente, et a vosa moller Tareija Fenandes et a todas bosas vozes, en hũa metade desto aqui adeante contiudo, et a vos Gonçalvo deo Caeiro, eso mesmo meu yrmãao, morador ẽna dita fiigresia, et a vosa moller Dominga Peres et a todas vosas vozes, en outra meatade, todas las herdades, casas, casares et chantados et viñas et arvores que a mĩ perteesçen de aver et herdar ẽnas fiigresias de San Christovoo de Candian et de Santa Marĩna de Cabral et de Santo Andre de Comesano et en outra qualquer parte que sejan, que a mĩ perteesçan de aver et herdar as ditas herdades por herança de Juan Peres do Caeiro et de sua moller Maria Peres, nosos padre et madre, et por outra qualquer parte que a mĩ perteesça; et vendo, como dito he, as sobreditas herdades, casas, casares et chantados et viñas et arvores, onde quer que vãa, a montes et a fontes, que asi a mĩ perteesçen por parte et herança dos ditos meus padre et madre, con todas suas entradas et seydas et perteensas et dereituras que lle perteesçen et perteesçer deven asi de feito como de dereito, por contia de çento et viinte mrs. de moeda vella contando a branqua en tres dineiros, os quaes ditos çento et viinte mrs. da dita moeda eu de vos resçebi en presença deste notario et testemoyas, et de que me outorgo por entrego et pago a toda mĩa voontade, et renunçio a toda enxençon que nunca ende diga o contrario en juiso nen fora del et, seo diser, que me non valla, et se ais valen as ditas herdades et casas et casares et chantados et viñas que vos asi bendemos, toda esta mayosia que mas valen vos dou et outorgo en pura, justa et saa doaçon para todo senpre asi coma doaçon mellor pode et deve seer et de dereito mas vale ontre bivos. Et todo jur, señorio, posison, propiedade, vos, dereito et auçon, que eu ey et aaver devo en esto que dito he que vos vendo, de mĩ et de todas mĩas vozes o tiro et tollo et en vos, os ditos Pero Eanes et Gonçalvo do Caeiro, meus yrmãaso, et ẽnas ditas bosas molleres et en bosas vozes et suas o poño et // traspaso et removo por esta presente capa de venda que vos ende delo dou et outorgo en lugar de señorio et posison corporal, et quero et outorgo que desde oje este dia endeante posades entrar et resçeber esto todo que vos vendo et faser delo et en elo toda bosa livre voontade como de vosa cousa propia, et prometo et outorgo de vos defender et anparar con esto todo que vos vendo de todo enbargo, por mĩ et por todos meus bẽes que vos a elo obligo, et so pena do doblo da dita contia, que vos peite por pena seo asi non tover, conprir et contra elo veer, et, a pena pagada ou non, esto todo como dito he este senpre firme. Et eu, o dito Pero Eanes, por mĩ et por la dita mĩa moller et nosas boses, en hũa metade, et eu o dito Gonçalvo do Caeiro, por mĩ et por la dita mĩa moller et nosas vozes, ẽna outra metade, asi o resçebemos. Feita a carta na dita villa de Pontevedra, ano, dias, mes sobreditos. Testemoyas que foron presentes: Juan de Cabral, pedreiro, et Fernan Lopes, alfayate, et Fernan Vasques, mercador, moradores na dita villa de Pontevedra et outros.
Feita.