GMH/ÍNDICE A-Z

85
1433, novembro, 21

Juan de Cabral, veciño de Pontevedar, afora para senpre ós seus irmáns, Pero Eanes da Regueira e Gonçalvo do Caeiro, moradores en San Cristóbal de Candián, as súas propiedades en Santa Marina de Cabral e San Andrés de Comesano.

(ff. 39 v-40)

Predito. Sabean todos eu Juan de Cabral, carpenteiro, besiño da villa de Pontevedra, que soo presente et que faço por mĩ et por todas mĩas bozes, aforo et dou en aforamenteo, desde oje este dia endeante para todo senpre, a vos Pero Eanes da Regeira, meu yrmão morador ẽna fiigresia de santo Estevoo de Candian, et a vosa moller Tareija Fernandes et a todas vosas vozes, en hũa meatade deste aforamento aqui adeante contiudo, et a vos Gonçalvo do Caeiro, outrosi meu yrmãao, morador ẽna dita fiigresia, que eso mesmo sodes presente, et a vosa moller Dominga Peres et a bosas voses, ẽna outra meatade deste dito aforamento, todas las herdades, casas, casares et plantados et biñas et arvores que a mĩ, por herança de Juan Peres do Caeiro et de sua moller Maria Peres, nosos padre et madre, perteeesçen de aver et herdar ẽna dita fiigresia de San Christovoo et // ẽnas fiigresias de Santa Marĩna de Cabral et de Santo (roto) en cada hũa delas et en outra qualquer parte et lugar que os eu aja por herança dos ditos meus padre et madre. Et aforo por senpre, como dito he, as ditas herdades et casas et casares et chantados et viñas, onde quer que vãa, a montes et a fontes, con todas suas entradas et seydas et perteensças et dereituras que lles perteesçen et perteesçer deven, asi de feito como de dereito, so tal pleito et condiçon que posades entrar et resçebir todo esto sobredito et faser delo et en elo, vos et as ditas vosas molleres et vosas vozes, o que quiserdes et por ben toverdes, et devedes de dar a mĩ et a mĩas vozes, por cada dia de San Mariño do mes de novembro, enpas et en salvo sen engãno algũo, por renda et penson das ditas herdades, dous ceramĩs de trigo linpo, medido por la medida dereita da praça da dita villa de Pontevedra, que he cada un seu çeramĩ de trigo, et asi en cada un ano para todo senpre. Et avendo vos ou as ditas vosas molleres ou vosas vozes de vender ou sopenorar este dito aforamento, et eso mesmo eu ou mĩas voses a dita penson que me asi avedes de dar, que o façamos hũus aos outros, tanto por tanto, segundo que nos outro de, et sermos frontados sobrello. Et eu, o dito Pero Eanes, por mĩ et por la dita mĩa moller et nosas vozes, en hũa metade, et eu o dito Gonçalo de Caeiro, por mĩ et por la dita mia moller et nosas vozes, cada hũu ẽna dita sua metade, demos et pagemos a vos, o dito Juan de Cabral, et a vosas bozes despois vos os ditos dous çeramĩs de trigo cada un ano como dito he. Et esto que asi he escripto deve de seer conprido et agardado ontre nos as ditas partes aa boa fe de Deus et sen mao engãno, et por nos et por todos nosos bẽes movles et reises que para elo obligamos, et so pena de mill mrs. que peite et page a parte de nos que o asi non tover et conprir et contra elo vier a outra parte ou partes de nos que o asi toveren et conpriren, et a pena pagada etc., todavia etc.

Testemoyas ut supra.

Feita duas veses.