GMH/ÍNDICE A-Z

489
1396, abril, 5
foro

Pedro Iáñez, clérigo do coro e tenente da capela de Roi Pérez Fungoso, afóralles a catro voces a Xoán Afonso de Castadón e á súa muller, Mariña Martínez, moradores na rúa da Barreira, unha viña na Carballeira por quinta ao bispo e a el 4 libras.

ACOu, Fábrica e Capelas do Santísimo I, 8

Sabbean quantos esta carta viren que eu Pero Anes clerigo do coro da igleia d’Ourense e teente a susiçon que hordinou Roy Peres Fungoso que foy morador en Ourense, per outoridade e liçençia de Johan Afonso de Castro vigario geeral do honrrado padre e señor dom Pedro porla graça de deus bispo d’Ourense, dou e outorgo a foro a vos Johan Afonso de Castedon e a vosa moller Mariña Martines moradores en Ourense enna rua da Barreyra em vosa vida danbos e a quatro voses apus vosa morte huna depus outra quaes nomear o pustrimeiro de vos a tenpo de seu fignamento, e se as ditas voses non nomeardes que o seian as que os vosos beens herdaren de dereito, huna leira de viña que he da dita suçisom, a qual esta en Carvalleyra a par de huna viña de Fernan Gonçalves et do outro cabo esta a par de outra viña de Johan Fernandes Angeli et en çima topa en outra viña de Fernan Rodrigues capelan de Santa Oufemea e en fondo fere en outra viña de Gonçalvo Çide, a qual viña vos ia ente desto tiinades aforada de Gonçalvo Anes coengo d’Ourense meu anteçesor que foy. Aforo vos a dita viña con suas entradas e seidas e con todos seus dereitos e perteenças por tal condiçon que a lavredes e paredes ben en tal maneira que non defalesca por mingoa de lavor e de boon paramento, et que façades por a novidade que deus y der foro de quinta ao bispo d’Ourense, et dedes ende a min en toda miña vida et depoys ao que for teendor da dita suyçon cada anno en salvo por dia de San Martiño de novenbro quatro libras de diñeiros brancos desta moeda que agora corre de que contan viinte soldos por huna libra ou a estimaçon delas enna moeda que correr porlo tenpo. Et do al averdes a dita viña livre e quite de todo outro enbargo e encarrego alguun. Et se a quiserdes vender, deytar ou sopeñorar que primeiramente a vendades, deytedes ou supenoredes ante a min ou ao teedor que for porlo tenpo da dita suyçon ca a outre alguun, querendoa nos por o justo preço que outre por ela der, et non na querendo que enton a vendades, deytedes ou sopenoredes aa tal pesona que seia semellavil de vos que lavre e pare ben a dita viña e faça os ditos foros e cunpra e agarde todas las condiçoens desta carta e cada huna delas segundo que vos sodes tiudos de conprir e aguardar. Et para con a dita viña seerdes anparados e defesos a dereito obrigo vos os beens da dita suçison. Et eu o dito Johan Afonso asy reçebo de vos o dito Pero Anes a dita viña aforada commo dito he, et para a lavrar e parar ben e faser de cada anno os ditos foros e conprir e aguardar todo o que dito he obrigo a vos todos meus beens gaañados e por gaañar. Et qual quer de nos as ditas partes que contra esto que dito he quiser pasar peyte aa outra parte que o conprir e aguardar quiser por nome de pena çen mor. de diñeiros brancos, et a dita pena pagada ou non esta [carta] e aforamento fique firme e valla segundo dito he. Et eu o dito Johan Afonso vigario sobre dito por quanto sey e soon çerto por omes de fe e de creer e por juramento que de vos o dito Pero Anes reçebi sobre santos avangeos que este aforamento que vos fasedes ao dito Johan Afonso que he prol e boon paramento da dita suyçon, por ende mando que valla e aia firmedume asy e enna maneira que he feito. Feyta a carta en Ourense, çinco dias do mes dabril, anno do naçemento do noso señor Jhesu Cristo de mill e tresentos e noveenta e seys annos. Tests. Gonçalvo Anes da Castineira coengo d’Ourense e Roy Lourenço dobreiro dese lugar e Alvaro Anrique moradores en Ourense.

Et eu Fernan Gonçalves notario publico da çidade d’Ourense porlo bispo e porla igleia dese lugar que a esto presente foy e o escripvi e meu nome e signal y puge en test. de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta da vina de Fernando Mantena.