GMH/ÍNDICE A-Z

591
1352, outubro, 10. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Lope Arias e á súa muller e a un fillo o lugar de Sernande por cinco terzas de pan anuais e outras condicións.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 3v.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos, o cabiidoo da iglesia de Lugo, con outorgamento de don Lopo Domingues, thesoreyro, et vigario geeral de don Diego Ferrnandes, dayam dese lugar, et de don Vaasco Dias, iuys de Lugo, et amiistrador do mes de freveyro en terra de Farnandeyros, avervamos a vos Lopo Aras, morador en Savaree, et a vosa muller, Maria Lopes, et a hun voso fillo ou filla d’anbos qual o postrimeyro de vos nomear, o lugar chamado de Sesnande, que he da dita amiistraçon, con suas pertenenças et dereyturas, casas, herdades et arvores, a a tal condiçon que vos, os ditos Lopo Aras et Maria Lopes, façades y huna casa boa terrada ou cuberta de lousa. Et vos et a dita perssoa lavredes et paredes ben as herdades do dito lugar en guisa que se non pergan con mingoa de lavorio, et chantar das arvores, et avedes a dar, cada anno, a o que tever o dito mes de fevreyro, çinquo terças de pan, as duas partes de temporao et a terça de serodeo, do mellor pan que y ouver posta a semente, et dous capoes por dia de Sant Miguel, et leixar o dito lugar provado de hun boy et huna porca et de dous rexelos. Et a finamento de vos, os ditos Lopo Aras et Maria Lopes, que aquela persoa sobredita que o postrimeyro de vos nomear que venna reçeber o dito vervo do cabiidoo da iglesia de Lugo. Et avedes a leixar a a dita amiistraçon de fevreyro para senpre por iur de herdade, huna teega et mea de herdade sementadura lavradura toda em hun lugar podendoa y aver, se non huna teega en hun lugar et a mea teega en outro, et asian anbos os lugares na dita amiistraçon et en lugar lavradio commo dito he. Et a finamento de vos anbos et da dita perssoa ha de ficar o dito lugar livre et quito et desenbargado a a iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que en el foren feytos.

Et nos, os ditos Lopo Aras et Maria Lopes, assi reçebemos de vos, o dito cabiidoo, o dito vervo do dito lugar por nos et por la dita perssoa, et obligamos nos et nossos beens et dela para o comprir en todo et para correger as casas do dito lugar, et manteerlas en boo estado. Et porque seia çerto nos as ditas partes rogamos a Domingo Peres, notario publico de Lugo, que feçesse ende duas cartas en hun tennor tal huna commo outra, et por mayor firmedue nos, o dito cabiidoo, mandamos-la seelar de nosso seello pendente.

Que foy feyta en Lugo dez dias d’outono, era de mill et trezentos et noveenta annos.

Testemoyas: don Vasco Rodrigues, archidiago de Deçon; don Vaasco Dias, iuys de Lugo; don Lopo Domingues, thesoreyro; Iohan Ferrnandes, Iohan Dias, Iohan Dias (sic), Gonçalvo Martines, coengos; Iohan Affonso, raçoeyro de Lugo; Aras Peres, clerigo de Savaree, ts., et outros.

Et eu Domingo Peres, notario publico de Lugo dado por actoridade do bispo desse miismo lugar, a esto presente foy et a rogo das partes sobreditas esta carta scrivi et puge en ela meu signal en testemoyo de verdade.