GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

999
1425, febreiro, 15. Castelo de San Paio

Os fregueses de Santa María de Xián reafírmanse en que lles han de paga-las rendas e os dereitos ós clérigos dos lugares que se especifican, e non ó bispo, como este pretende agora.

MADRID, AHN, Carp. 1332 H/15, perg. orix., galego, cortesá, 299 x 453 mm.
       

Ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et çinquo anos, quinse dias do mes de fevreiro. En presençia de min Fernan da Riba, notario publico, et das testemoyas a iuso escriptas, estando a o Castelo de San Payo, que he en a fiigregia de Santa Maria de Giaao da diocesis et obispado de Lugo, en a amiistraçon do mes de iulio en terra de Narla et Parrega et Goyos da dita diocesis et obispado, seendo presente Fernan Gomes das Seyxas, colledor et levador dos froytos et rentas perteesçentes et deventes a os çinquo oytavos sen cura de toda a dita iglesia de Santa Maria de Giaao, por sy et por seus clerigos, segundo a avia ussado, entre los quaes de presente estava Pedro Fernandes, clerigo cureyro de huna sexta parte de toda a dita parrochial iglesia. Et logo en esta ora, dia, mes et ano sobredito o dito Fernan Gomes por sy et por seus clerigos, et o dito Pedro Ferrnandes por sy en presençia da mayor parte dos moradores et provadores da dita fiigregia de Santa Maria de Giaao, os quaes son estos que se siguen: Gomes de Loesende, et Johan de Freyxirudo, et Fernan Suares, et Pedro Ares de Freyxirido, et Fernan Yanes de Lousado, et Afonso de Chançela, et Afonso de Meuronte, Ruy Martines d’Ascaris, et Johan de Lus, et Roy de Lus, et Afonso do Carvallal, Roy do Carvallal, et Nuno Yanes, et Diego de Giaao, et Ares Yanes de Giaao, et Gomes Garçia de Giaao, et Alvaro d’Outeiro, Rodrigo Afonso de San Payo, et Pedro Yanes, et Afonso Peres, et Pedro de Mera, et Gonçalvo Yanes, et Afonso Rodrigues, et Vaasco de Pousada, fiigreges da dita iglesia de Santa Maria de Giaao, por sy et en nome de todos los outros fiigreges da dita iglesia que eran ausentes, por los quaes se obligaron que eles ouvesen por firme, rato et grato, et valedeyro a todo tempo todo o que esos sobreditos feçesen et disesen en presençia de min, o dito notario, et testemoyas iuso escriptas, logo disseron et proposseron a os ditos Fernan Gomes et Pedro Ferrnandes, clerigo cureiro da dita iglesia, porque lle leera huna carta do senor vigario da iglesia de Lugo en a qual se contina que os ditos fiigreges et cada hun deles desen et pagasen çertas aventuras et aventudicos et cousas que non foran nen eran usadas de antigoo tempo, segundo largamente se provava por los ditos moradores et provaron logo en presençia de min, dito notario, et dos testigos iuso escriptos ante o dito Fernan Gomes et Pedro Fernandes, colledores dos froytos et rendas dela, os quaes diseron que era asy verdade et que eran delo ben çertos, et que os ditos fiigreges que senpre pagaran todo aquelo de que estavan en uso et custume de nos pagar a o dito Fernan Gomes et a o dito Pedro Fernandes et seus anteçessores, et que non era memoria de omes en contrario, et que senpre asy usaran et usavan con os prestameiros et cureiros que foran da dita iglesia et que os ditos fiigreges senpre asy usaran et usavan en o presente tempo, et que pedian et frontavan requerian a os ditos Fernan Gomes et Pedro Fernandes, verdadeiros colledores dos ditos disimos et froytos, a o dito Fernan Gomes por sy et por seus clerigos, et a o dito Pedro Ferrnandes asy como clerigo et cura da dita iglesia, que lle gardase a eles et a cada hun deles sua justiçia, uso et custume causado, segundo que senpre eles usaran et seus anteçesores; o qual os sobreditos fiigreges logo provaron seu uso et jurdiçon usado et acustumado de grandes tempos a esta parte, o qual non era memoria de omes ninhuuns, nen cada hun deles, en contrario, et que pedian et pediron a os sobreditos Fernan Gomes et Pedro Ferrnandes, clerigo, et colledores que eran et foran da dita iglesia et partes dela et dos froytos que en dereito lles perteesçia et perteesçer devian, encarregando para elo et para cada parte delo suas almas et coçiençias que lles gardase todo seu usso et custume usado et acustumado, segundo que senpre fora; et logo os ditos Fernan Gomes et Pedro Ferrnandes seendo çertos et enformados da verdade et provança dos ditos fiigreges por descarregaren suas almas et conçiençias disseron et consentiron que os ditos fiigreges pasasen et usasen segundo senpre avian usado de pagar a os outros anteçessores et a os sobreditos Fernan Gomes et Pedro Fernandes depoys deles, conven a saber en esta maneria: que o pan do diçimo da dita iglesia que o trouxesen a ayra da dita iglesia a a sua custa por lo moollo, et que asy usaran con os outros clerigos; item mays quando alguno pasar da presente vida que quedare a a dita iglesia et capelaes et prestameitos dela a capa do ome, et da muller o mellor pelote que ela tevese, et por estrallo o feltro, et se o non tevesse que pagase por el quatro maravedis vellos; et da vaca que tever anello por leyte et por filo dose dineiros et de vaca tenrreira oyto dineiros et se parir despoys de San Johan que non page nada, et dos rexelos de cada \des/ hun, et se non ouver desde çinquo medeo, et se a y non ouver que pague hun soldo por cabeça; et das cabras do leyte hun dineiro por cabeça de cada huna; et da ovella hun porco por leyte, et das vesteas mansas de albarda de cada huna des et seys dineiros, et dos poltros de hun ano de cada hun viinte soldos, et dos porcos çebados de cada hun oyto dineiros por sy et nabos et berças, et por porca çebada çinquo dineiros et por nabos et por verças, et se algun porco vier de fora da fiigregia ante dia de San Juan que non pague se non medeo disimo destes ditos oyto dineiros, et aqueles que non ouveren ano asy marraos como bacores que non pague nada aynda que seian çebados; et en rason do myllo que se pague dereitamente por la teega, et a o lyno por la gabela en o agro de cada des huna gabela, et que os clerigos et colledores da dita iglesia vaan por el et se colla por sua custa; et en rason da laa do disimo que se colla et pague, et os labradores et teedores dos ganados et rexelos dos ditos verlos de des hun, et para reparo da dita iglesia que se repare por las primiiças, segundo o dereito manda, salvo o clerigo que deve reparar o coro se mal reparado estever; asy que as cousas sobreditas et cada huna delas foron conpostas et consentidas, mandadas et outorgadas por los ditos Fernan Gomes et Pedro Ferrnandes por sy asy como cureiro, et pediron a min, dito notario iuso escripto, en presençia dos sobreditos Fernan Gomes et Pedro Ferrnandes et dos moradores et provadores da dita fiigregia et dos testigos iuso escriptos, que o dese asy signado de meu signo, partindose et renunçiando toda auçon, dereito et iurdiçon que eles et cada hun deles ouvesen, ou aver poderian, ou en dereito poderian demandar a os taes moradores por quanto eles eran enformados et çertos en o feito da verdade et uso et custume da dita fiigregia et moradores dela. Et se por la ventura en algun tempo o dito Fernan Gomes, ou seus subçedentes, por rason do prestamo et prestamos sen cura partes do dito benefiçio demandasen alguna cousa en o dito uso que lle non valuesen, nen podesen valuer, et se o dito Pedro Fernandes quisese ynobar, ou demandar, alguna cousa por rason de sua carta en sua vida que non ouvise lugar en dereito por quanto el de sua propia voontade et boa ameticia et conpanya et naturalesa et uso et custume, que senpre esteveran et estavan os moradores da dita fiigregia, eles non podese demandar nen ynobar cousa alguna salvo as cousas sobreditas et cada huna delas pasar debido et ofiçio devinal et carta da dita iglesia por rason et maneira que non interviese interbalo nen ynobaçon alguna sobre los ditos usos et custumes, non podesen os ditos Fernan Gomes et Pedro Ferrnandes ynobar outra cousa nen cousas salvo estas sobreditas, segundo que de suso son escriptas et declaradas, et se fose ynobado que fose renunçiado todo seu dereito et de cada hun deles que eles et cada hun deles por sy podesen ou poderian aver ou ynobar. Et esto disseron et declararon sen contradiçon et ynobaçon alguna en presençia dos sobreditos moradores et pediron a min, dito notario iuso escripto, que dese et fesesse et ordenase huna carta, ou duas, ou mays aquelas que mester fosen a pitiçon et conservaçon do jur, uso et custume usado et acustumado en a dita fiigregia, segundo et en a maneira sobredita, para conservaçon dos fiigreges da dita iglesia et dos ditos Fernan Gomes et seus clerigos, et do dito Pedro Ferrnandes et sua iglesia et clerigos delas para que non podese viir outra ynobaçon sobre las cousas sobreditas nen cada huna delas, salvo que os ditos fiigreges et cada hun deles proseguisen et usasen, segundo de susodito he espaçificado et declarado, en outra maneira que non podese valuer. O qual consentiron et outorgaron, todos de mancumun pediron instromento para garda et conservaçon de seu dereito.

Testigos os sobredito et \Ares/ Afonso do Carregal, et Afonso Dias, morador en Prado, et Diego de as Seyxas, yrmao do dito Fernan Gomes, et Diego de Giaao, et outros.

Et eu Fernan da Riba, notario publico en terra da merindade de terra de Narla et do couto de San Jurio d’Agoas Santas et Ferreyra de Negral por Johan Rodrigues furtyo, por lo senor duque don Fradique, ha todo esto que sobredito he presente foy con as ditas ts., et esta carta de instromento et conposiçon et esta carta por outro fis escripvir ocupado de outros negoçios aqui puge meu nome et signal acustomado que he tal en testemoyo de verdade, rogado et requerido (signo).

Materias

acordo; administración; adro; agro; alimentos; avinza; becerro; beneficiado; beneficio; bestas; bispo; capas; construción; coro; couto; crego; décimo; dereito; diñeiros; diocese; duque; eira; fábrica; familia; festa; fisco; fortaleza; gando; gran; igrexa; información; irmán; la; labrego; leite; liño; lutuosa; mandamento; marabedí; medidas; mesa bispal; mesa capitular; millo miúdo; nobreza; notario; ovella; pan; panos; párroco; porco; prestimonio; primicia; provisor; publicación; recadador; rexistro; roupa; roxelo; soldos; testemuño; transporte; tributos; vaca; veciñanza; verdura; vigairo; xurisdición; xurisdición; freguesía

Persoas

Afonso Ares do Carregal; Afonso de Chancela; Afonso de Meuronte; Afonso Díaz; Afonso do Carballal; Afonso Pérez; Afonso Rodríguez; Álvaro de Outeiro; Ares Eáns de Xiá; Diego das Seixas; Diego de Xiá; Diego de Xiá; Fadrique Enríquez, Duque de Arxona; Fernando Eáns de Lousado; Fernando Gómez das Seixas, recadador; Fernando Suárez; Gómez de Lesende; Gómez García de Xiá; Gonzalo Eáns; Nuno Eáns; Pedro Ares de Freixido; Pedro de Mera; Pedro Eáns; Pedro Fernández, párroco; Roi Afonso de San Paio; Roi de Luz; Roi do Carballal; Roi Martínez de Ascariz; Vasco da Pousada; Xoán de Freixido; Xoán de Luz; Xoán Rodríguez Furtyo; Fernando da Riba, notario

Outros

Lugo, bispado; Lugo, diocese

Lugares

Astariz; Carregal; Castelo de San Payo; Chancela; Ferreyra de Negral; Freixido, O; Gaioso, antiga xurisdición; Loesende; Lousado; Manzoi; Meuronte; Narla, San Paio, castelo; Narla, San Pedro; Outeiro; Parga, antiga xurisdición; Pousada; Prado; Riba; Seixas; Xiá, Santa María