GMH/ÍNDICE A-Z

40
1433, xuño, 15

Juan de Mourente, clérigo, fai seu procurador a Juan de Cabral, pedreiro, para que poida recadar a metade de tódalas rendas de San Esteban de Canicoba et para tódolos seus pleitos.

(f. 19)

Quinse dias do dito mes. Juan de Mourente, clérigo feso seu procurador a Juan de Cabral, pedreiro, para que por el et en seu nome, podese demandar et resçebir et recadar a meatade de todas las rendas de pan et viño et dereitos et outros quaesquer eclesiasticas dereituras, a meatade de Santo Estevoo da Canicova de que el he clerigo, perteescias, et que el render, et quiso que as ouvese o dito Juan de Cabral doje ata quatro anos etc. et que podese dar carta de pago, etc. Et eso mesmo o fezo procurador en todos seus pleitos etc. con poder de sustituir etc. Ts. Marquos Carneiro et Fernando criado de min, notario.