GMH/ÍNDICE A-Z

D121
1459, abril, 23
O alcalde e o vigairo episcopal demandan ao arcediago Xoán González e a Xil Carneiro (racioneiro) unha acémila que, xunto con outra e unha mula xa devoltas, Roi Díaz lle collera por forza ao chantre, Álvaro Gómez de Escalona. (fols. 36v-37)

Feita e dada, notada mays conpridamente.

Enna çidade d’Ourense, viinte et tres dias do dito mes de abril do dito anno de LIX annos, ennas casas de morada de Ares Fernandes canonigo enna iglesia d’Ourense, estando y presentes Afonso Gonçalves bacheller, canonigo enna dita iglesia e vigario do bispo d’Ourense, e Pedro de Miranda alcallde da dita çibdade por noso señor el rey, e Roy Diaz thesoureiro enna dita iglesia d’Ourense, en presença de nos os notarios (e)* de juso escriptos, logo o dito vigario e alcalde diseron que por rason que Joan Gonçalves arçediano de Baronçelle e Gill Carneiro avian tomado testemuyo contra eles sobre rason de duas azemelas e huna mula que o dito Roy Diaz avia tomado por força e contra dereito a Alvaro Gomes d’Escalona chantre enna iglesia d’Ourense, e que os fesese entregar ao dito chantre e as posesen en secrestaçon, e por /quanto\ eles tinan a mula e huna das azemelas, que lles dese recado porla outra azemela (e)* que avía levado e por el(es)* confesado (a)* /as\ duas azemalas e mula. Por ende diso o dito thesoureiro que a dita mula e azemela (fol. 36v)
que tinan en sy que as dava por entregas, e en quanto notava a outra azemela que el avía levado que mandava a seus procuradores e moordomos Ares Fernandes e a Fernan de Santa Marta que presentes estavan que a pagasen a dita azemela que el (p)* avia levado por seus beens e dos frutos de seus benefiçios ao dito chantre e seus procuradores a bista do dito vigario e alcalde e de dous homes boons. E o dito alcalde e vigario (que)* diseron que por quanto tinan en sy a dita azemela e mula e ficava de pagar a outra, que se fose libre e desenbargadamente. Tests. que foron presentes Afonso Yanes de Palmou mestrescola e Afonso Ares clerigo de Mugares e Afonso Pereira clerigo e Roi Bronllo.