GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Minutario notarial de Pontevedra

86
1433, novembro, 28

Juan de San Nicolao, clérigo da metade da igrexa de Santa Maria de Alba, afora a Gonçalvo da Devesa, morador nesta freguesía, un muiño e cinco leiras da igrexa por foro do cuarto do pan.

(ff. 40-41)

XXVIII dias do dito mes. Sabean todos que eu, Juan de San Nicolaao, clerigo da metade // con cura da iglesia de Santa Maria d´Alva, que soo presente et que faço por mĩ et en nome da dita mĩa igllesia et de meus subçesores, et eso mesmo en nome de Juan de Burgos, clerigo da outra metade con cura da dita igllesia, por mĩ et en nome del, aforo et dou en aforamento a vos Gonçalvo da Devesa, morador ẽna dita fiigresia de Santa Maria d´Alva et a vosa moller Constança Gomes, por tenpo da vida de anbos et de cada un de vos, et por mas aalende o postromeiro de vos por vida de tres vozes, et que hũa vos nome a outra et asi ata a postromeira vos, et por mas aalende da dita terceira vos viinte et nove anos, os quaes deve nomear a dita mas derradeira vos, o moỹno que esta aa ponte das Cabras que he da dita mĩa igllesia con mas çinco leiras de herdade junto con o dito moỹno da herdade da dita igllesia, as quaes devedes tomar deslo dito moỹno para o agro da dita herdade da dita igllesia, rego dereito donde sal a agua do dita moỹno para çima do camiño françes, et aforo vos, como dite he, o dito moĩno et çinco leiras de herdade suso dito con sua pedra et entradas et seydas, perteensas et dereituras que perteesçen et perteesçer deven de dereito, so tal condiçon que vos que levantedes et reparedes o dito moỹno de pedra et madeira et o cubrades et teñades cuberto et levantado et moente, et do pan que render et Deus en el der que dedes a mĩ et ao dito Juan de Burgos et a nosos subçesores, por renda, çenso, conosçemento del et da dita herdade, a quarta parte entregamente sen pagar aa dita igllesia desimo algũu salvo o dito quarto do dito pan por tenpo da dita vida de anbos. Et por quanto o dito moỹno jas en terra et dalipidado, que o ajades desimo a Deus estes primeiros quatro anos para ajuda de bosa custa et spensa et gasto que avedes de faser ẽno levantar et faser moente, et despos finamento de vos anbos, que as ditas tres vozes et o que tover os ditos viinte et nove anos, que den a nos et a nosos subçesores, por desimo et renda do dito moỹno et herdade susodita, o terço de todo pan que el render et lle Deus der en salvo sen desconto algũu; et outrosi // devedes dar a mĩ et ao dito Juan de Burgos et nosos subçesores a quarta parte da fruyta que Deus der ẽnas arvores que feserdes en herdade da dita igllesia, et por esto seerdes anparados et defesos de todo enbargo por los bẽes da dita igllesia que vos a elo obligo. Et eu, o dito Gonçalvo da Devesa, que asi soo persente et que faço por mĩ et por la dita mĩa moller et por las ditas tres vozes et viinte et nove anos aalende delas, asi resçebo este dito aforamento por las maneiras et condiçoes sobreditas, et prometo et outorgo que eu et a dita mĩa moller et as ditas tres vozes aalende da vida do postrimeiro de nos et o que ouver et herdar o dito moỹno et herdade del o dito tenpo dos ditos viinte et nove anos aalende as ditas tres vozes, o tẽnamos et conpramos et pagemos asi todo como dito he aa boa fe de Deus et sen mao engãno, et por nos et por todos nosos bẽes que a elo obligo; et esto todo como dito he deve de ser conprido et agardado ontre nos as ditas partes aa boa fe de Deus et sem mao engãno et por nos et por los ditos bẽes da dita igllesia et nosos que a elo obligamos, et so pena de mill mrs. de boa moeda que peite a parte de nos et de nosos subçesores que o asi non tover et conprir et contra elo vier a outra parte ou partes de nos que o asi toveren, conpriren et agardaren; et, a pena pagada ou non, esto como dito he este firme en sua revor. Feito o estromento na villa de Pontevedra, ano, dias, mes sobreditos. Testemoyas que foron presentes: Pero Cruu o vello, jurado da dita villa, Fernan Afonso de Vasquoes, labrador, et Afonso Yanes Jacob, notario, et outros.