GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

962
1418, setembro, 3. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Álvaro Díaz e a dúas voces os muíños de Donalbán na freguesía de Santiago de Laxosa por renda anual de 20 marabedís, engadindo o foreiro unha herdade.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 132 v.
       

Ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et dez et oyto anos, tres dias do mes de setembre.

As persoas, coengos et et (sic)  benefiçiados do cabidoo da iglesia de Lugo estando juntados en seu cabidoo por campaa tangida, segundo que an de uso et de custume, con Pedro Lopes, coengo, rendeyro et amystrador da amystraçon do mes de setembre con a Capela de San Pedro sita en a çiudade de Lugo, aforaron a Alvaro Dias d’Adae por sua vida et d’outras duas persoas despoys de vos os moynos novos de don Alvan, que son da dita Capela de San Pedro, que son en a [...] sub signo de Santiago de Lagiosa, por viinte maravedis longos cada ano, que ha de pagar en salvo en Lugo por dia de Natal cada ano, et ha de faser os ditos moynos et teerlos feytos, moentes et correntes. Et el reçebeu o dito foro et obligou seus bees de o comprir et pagar. Et deu logo et enpraçou a o dito foro a sua herdade que el comprou a Fernan Pellaes, fillo de Ares Afonso de Paaços, que lle a el perteesçia por huna sua filla que se morreu menor de ydade etc. (sic).
Testemoyas: don Juan Martines, dean de Lugo; don Lopo Dias, mestrescola; Pedro Lopes, Afonso Teyxeyro, Lopo Ferrnandes, Juan Lopes, Rodrigo Ares, Fernan Peres, Afonso Martines, coengos; Afonso Rodrigues, Fernan Rodrigues, Fernan Ferrnandes, raçoeyros, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy, et esta carta fis scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Ferrnandes, notario.