GMH/ÍNDICE A-Z

106
1457

-106-

Fiãça.

Ẽnos paaços de Rriãjo, vij djas do dito mes, ano4 dito. Ferrnand Rromeu, morador en Sã Viçente / de Çespoõ, e Martiño de Sã Martino, morador ẽna freigresja de Sã Cristoual d'Auãque(e)iro, entraron / por fiadores de Jon de Sã Martino, que lles360 daua Sueyro Gomes, que o tyña preso ẽna / torre, que nõ errará de dito nẽ de feyto en súa persona4 a Martjn d'Oliueyra nẽ / a outro ome4 de Ares Lopes de Goyaas nẽ de Sueyro Gomes, so pena4 que, se / errare, que pague4 de llano4 en llano4 ao dito Sueyro Gomes J M CC morauidís, cada hũu / DC morauidís vellos. Outorgarõ carta firme, et çétera. Testigos: Afonso Martíns, forneyro, e Jon Crespo e Jon / de Salnés.

_________

4. Leva un trazo sobre a palabra.
360. Escribiu primeiro lle e despois corrixiu o e en s e engadiu un sinal de abreviación.