GMH/ÍNDICE A-Z

D44
1459, marzo, 28
Ao existir diferenzas entre Costanza Paz, viúva do xastre Afonso Iáñez, e a súa filla, Catarina Afonso, acerca da herdanza do finado, outorgan poder a senllos homes bos, para que o poñan en mans dun letrado e diten sentenza. (fols. 18v-19v)

Costança Paas e Katalyna Afonso.

Enna çidade d’Ourense, viinte et oyto dias do mes de março, anno domini Mº CCCC LIX annos, enna iglesia de San Martiño, estando y presentes Costança Paas moller que foy de Afonso Anes xastre et Katallyna Afonso filla do dito Afonso Anes /e seu esposo Gomes Gonçalves\ et presentes ende Vasco Gomes et Gomes de Mugares juises da dita çidade, por rason que era debate et contenda ontre as ditas Costança Paas et Katalyna Afonso sobre rason das casas do Canpo en que soya morar o dito Afonso Anes, que elas por se quitar de pleyto et contenda et vyr a pas et concordia que puynan et poseron o dito debate das ditas casas en maaos et poder de omes boons, conben a saber a dita Costança Paas poso et tomou por seu omen boon a Gomes de Ramuyn mercador vesiño da dita çidade et a dita Catallyna Afonso tomou por seu omen boon Ares Fernandes de Monterroso (o mo)* o vello (fol. 18v)
o m(esmo) vesiño da dita çidade, aos quaes ditos omes boons as ditas partes deron todo seu poder conprido para que posan veer os dereytos danba las ditas partes et reçeber testemoyo et cartas et dereitos et escripturas de cada huna das ditas partes se entenden aprobeytar sobre rason da dita casa, et elles tomados et vistos os /ditos\ dereytos (de cada huna)* das ditas partes os posan envyar a hun leterado (sen)* en deus et en suas almas, para que este leterado veja o veja todo sen cada huna das partes seeren sabedores nen seus aderantes delas, para que o dito leterado veja o dereyto das ditas partes et o firme de seu nomme et o libre como achar por dereito et non en outra maneyra, et todo o que o dito leterado asy envyar determinado e firmado de seu nomme que os ditos omes boons anbos en huun acordo o posan livrar et determinar et dar en elo sentença como acharen por dereito et que o posan livrar e sentençar en todo o mes de abril primeiro que ven et non o podendo livrar e determinar en este tenpo que posan prolongar quinse dias alende do dito termino, et toda sentença que deren (fol. 19)
que deren que as ditas partes que esten (en) ela et non posan dela apellar nen soplycar nen recramar nen charme arbitrio de boon baron /et toda outra apelaçon remota\ so penna de quinentos frolliins douro et de peso, ameatade para parte agardante et a outra ameatade para a obra da ponte d’Ourense, para o qual obrigaron seus beens, deron poder a qual quer justiça et renunçiaron a todas las leys et dereitos etç. et outorgaron conpromiso forte et firme. Et o dito Gomes Gonçalves deu liçençia et autoridade a dita Catalyna Afonso sua esposa para todo o contiundo en este conpromiso. Et os ditos Vasco Gomes et Gomes de Mugares diseron que en quanto ao outorgamento deste conpromiso que davan a ello sua lyçençia e autoridade etç. Tests. Joan Gonçalves de Deça arçediano de Baronçelle enna iglesia d’Ourense, Pero Lopes da Barreira, Diego de Codeiro, Fernando de Canba et Garçia Paas et Joan Cortido vesiños da dita çidade e Alvaro Afonso coengo.