Sabean quantos esta carta virem que eu Orraca
Diaz filla de Diago Vaasquez dito Çide cavaleyro que
foy da Regueenga, presente miña madre Maria
Perez e outorgante, por min e por toda miña voz
vendo e por senpre outorgo a vos Tome Martinez morador
en Calvos en nome e en voz de meestre Johan de
Sorveyra coengo d’Ourense cuio procurador
vos sodes, huna leyra de viña que eu ey en Calvos no
lugar a que chaman a Pedra Pousadoyra e iaz entre
as viñas da terça da huna parte e a dos fillos de
Moor Perez e do dito meestre Johan da autra
parte e fere na de Pero Martinez çapateyro
d’Ourense morador na Ayra do Bispo e vay entestar na
de Pero Eanes de Calvos e de Martin Perez
seu cuñado. Vendovos a dita leyra de foro de oytava ao
bispo e ao cabidoo d’Ourense e livre e quite
de todo outro enbargo, con todos seus dereytos e
perteenças, assy que o dito meestre
Johan aia e pessoya a dita leyra des aqui
endeante en jur derdade para por senpre e faça
dela toda sua voontade livremente. Et outorgo que
reçebi do dito meestre Johan en preço pola
dita leyra duzentos e triinta mor. da moeda
portuguesa da que contan dez e seys par por tres
mor. Et logo todo jur, dereyto, señorio, possisson,
propiadade que eu ey e devo a aver de
dereyto na dita leyra removoo de min e de toda miña
voz e poño o dito meestre Johan e toda sua voz en jur
e en corporal possisson de todo. Et outorgo a deffender el e toda sua
voz senpre a dereyto con a dita leyra, e para
o deffender obligo ao dito Tome Martinez en nome
del min e todos meus beens gaañados e por
gaañar et renunçio que nunca possa dizer que
o dito preço non reçebi do dito meestre
Johan e que o non ouve en meu poder e que
nunca me possa chamar a engano en aquesta vendiçon
sobredita, et se alguen da miña parte ou
da estranya que contra esta miña venda que
eu faço de meu grado quiser viir ou a quiser
enbargar en parte ou en todo aia a yra de deus e peyte
aa voz del rey por pena çem mor. da moeda del rey don
Fernando e a pena pagada ou non esta carta ficar
senpre firme. O dito Tome Martinez
presente e reçebente a dita venda en
nome do dito meestre Johan e o jur e a possissom
da dita leyra e a obligaçon da dita Orraca Diaz
para deffendelo a dereyto con ela. Feyta a carta enno
dito lugar da Regueenga, quatro dias dagosto,
era de mill e trezentos e quareenta e sete annos.
Tests. que a esto foron presentes
Johan Perez da Regueenga e Pero Perez
desse lugar e Johan Fernandez da Enffesta,
Fernan Perez dito Crespo de Seyxalvo e Lourenço
Dominguez escrivam morador en Ourense.
Eu Domingo Eanes notario por el rey en Ourense
presente fui a estas cousas sobre ditas e fizeas
escrivir en mia presença e puge este meu signo en
testimoyo de verdade que est atal
(sinal)