GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

68
1309, setembro, 24
venda

Men Gómez, cabaleiro de Espiñoso, con poder da súa muller, María Afonso, que se inclúe (19 de abril), véndelle ao mestre Xoán de Solbeira a metade dun casal e o seu dereito na igrexa de San Salvador de Solbeira por 750 mrs.

O 18 de outubro a súa muller ratifica a venda.



ACOu, Escrituras XIV, 116

Enno nomme de deus amen. Sabean quantos esta carta virem que eu Meem Gomez cavaleyro d’Espinoso en voz e en nomme de Maria Affonsso miña moller cuio procurador soon por huna procuraçom feita por Johan Fernandez notario iurado (...) julgado de Sam Salvador d’Eyres segundo se conten na suscriçom da procuraçon, da qual procuraçom o tenor atal he:

Sabean quantos esta carta de procur(açon) virem commo eu Maria Affonsso moradeyra en Freyxaoso que é friguesia (de) Santiago de Penela, faço e estebelesco e ordino meu procurador sufiçiente e abastante a Meem Gomez meu marido que el possa vender e enpeñorar e supiñorar e enprazar o meu herdamento que eu e o dito Meem Gomez meu marido temos e avemos en Sorveyra d’Aguiar que é freguesia de San Salvador de Sorveyra. Eynda lle dou livre e conprido poder que el possa fazer (carta ou cartas) de venda ou denpeñorar ou demandar o que el quiser ou ver que mellores serán e mays estaveles e que as faça assy commo se eu Maria Affonsso presente estevesse. Et para esto obligo min e todos meus beens a estar a quanto este sobredito Meem Gomez y fezer e anparar e deffender a dereyto a quen el vender ou enpeñorar ou enprazar, e a quen passar ou britar o que este ia dito procurador fezer en estas cousas sobreditas peyte e pague quinentos mor. de pena ante que ante en juyzo nen fora del et o que o sobredito procurador fezer en estas cousas sobreditas fique firme e estavele. Et que esto fosse çerto roguey a Johan Fernandez notario que fezesse huna procuraçom, que foy feyta sabado dez e nove dias dabril, era de mill e ccc e quareenta e sete annos. Tests. Johan Eanes clerigo prelado de Santa Cristina de Freyxao, Johan Rodriguez clerigo desse lugar, Françisco Eanes criado de Johan Eanes, Pero Rodriguez de Freyxaoso.

Et eu Johan Fernandez notario jurado eno julgado de San Salvador d’Eyres polo abbade don Fernando que a estas razoens sobreditas presente foy e a rogo da dita Maria Affonsso esta procuraçom con mia mao escrivi e o meu sinal y puge en testemunyo de verdade que tal he.

Por ende por sua voz e pelo poder que dela ey pela dita procuraçom vendo e por senpre entrego a vos meestre Joham de Sorveyra coengo d’Ourense e a toda vossa voz para senpre o meo dun casar que a dita miña moller á na friguesia de San Salvador de Sorveyra da Raveda no lugar a que chaman Vilar, eno qual ora mora Johan Perez. Vendovos a meatade do dito casar a montes e a fontes con sas entradas e seydas e con seus dereytos, casas, arvores, pastos e perteenças u quer que vaan e con o padroadigo e dereyto que ela á na dita egleia, assy que vos e vossa voz aidades des aqui endeante en jur derdade para senpre e façades delo toda a vossa voontade livremente. Et se esta vendiçon sobre dita non ten ou non val, douvola en doaçom por graça e por amor que eu e a dita miña moller de vos reçebemos que val mays e é mellor ca esta venda sobredita. Et por esta carta renunçio a quanto dereyto eu e a dita miña moller avemos na dita egleia e nas outras cousas sobre ditas e por esta carta vos poño no jur e na possissom de todo. Et outorgo que reçebi de vos en preço por esta vendiçon sobredita seteçentos e çinqoenta mor. da moeda portugaesa de que contan dez e seys par de diñeiros novos por tres moravedis. Et outorgo a deffender vos e toda vossa voz senpre a dereyto, e para vos deffender obligo a vos min e todos meus beens e os da dita miña moller. Et renunçio assy que nunca posa dizer que o dito preço de vos non reçebi e que o non aia en meu jur e en meu poder bem e conpridamente. Et se alguun da nossa parte ou da estraya que contra esta vindiçon que vos eu faço de meu grado quiser viir aia a yra de deus e peyte aa voz del rey por pena çen moravedis da moeda branca del rey don (...) voz outros tantos e esta (...). Ourense, viinte (e quatro dias de setenbro...) cavaleyro (...) clerigo do (...) Lourenço (...).

Eu Domingo Eanes (...)te a estas cousas sobre ditas e fiçeas escrivir (...) puge este meu signo en testemoyo de (...).

Sabean quantos esta carta virem que eu Maria Affonsso moller de Meem Gomez cavaleyro d’Espinoso outorgo e connosco que dey poder ao dito meu marido Meem Gomez que el podesse vender por min e en meu nome a mina meatade dun casar que eu avia en Sorveyra no lugar a que chaman Vilar, e a venda que ende el fezo a meestre Johan dito de Sorveyra coengo d’Ourense por min e en meu nome por huna procuraçom que lle eu dey, por min e por toda miña voz outorgo e aio por firme para todo tenpo a venda que lle o dito meu marido fezo da dita meatade do dito casar, assy que este meestre Iohan e sua voz a aian des aqui endeante en jur derdade para senpre e façan dela sua voontade livremente. Et obligo a ele e a sua voz min e todos meus beens a deffendelo senpre a dereyto con a meatade do dito casar. Et doulle e outorgo ao dito meestre Iohan e a sua voz todo o meu quinom do padroadigo e egleiario da egleia de San Salvador de Sorveyra, assy que el faça delo o que lle aprouver. Et renunçio a todo aquel dereyto que em el ey. Et por esta carta poño o dito meestre Iohan e sua voz no jur e en corporal possissom de todo. Et se eu ou miña voz contra estas cousas sobreditas que son contiudas en esta carta ou contra cadahuna delas veermos ou as quisermos enbargar por nos ou por outre en nosso nome, outorgo que lle peytemos de pena mill mor. da boa moeda e esta carta ficar senpre firme. Et para esto assy conprir e para pagar a dita pena se caer en ela, obligo a el min e todos meus beens gaanados e por gaañar. Feyta a carta en Ourense, dez e oyto dias doytubro, era de mill e ccc e quareenta e sete annos. Tests. que a esto foron presentes Meem Gomez cavaleyro sobredito, Johan Rodriguez carpenteyro de Pero de Barreyros coengo d’Ourense, Johan Perez e Pero Rodriguez moradores en Espiñoso, Pero Fernandez dito de Loyro morador en Raayro e Lourenço Domingues escrivam morador en Ourense.

Eu Domingo Eanes notario por el rey em Ourense fuy presente a estas cousas sobre ditas e fiçeas escrivir em mia presença e puge este meu signo que é atal.

(sinal)

[reverso] Carta de Sorveira.