GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

942
1417, xuño, 4. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Afonso Pérez e a dúas voces o lugar de Ventosela en Ribadavia, freguesía de San Paio de Castrelo de Veiga, por renda anual de 300 marabedís longos ou 320 curtos, e outras obrigacións.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fs. 125 r. e v.; Libros, lib. 6289 con referencia ó Lib. A f. 125.
       

Sabeam quantos esta carta de aforamento virem como nos don Juan Martines, dean, persoas et coengos, benefiçiados et omes boos do cabiidoo da iglesia cathedral de Santa Maria de Lugo, seendo juntados en noso cabidoo dentro en o coro da dita iglesia por canpaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, con o dito dom Juan Martines, dean de Lugo, et amystrador do mes de mayo por lo dito cabidoo en terras de Alveyros et Quinte et Ventosela, que esta presente et outorgante, et avido primeyramente nosso consello et deliberaçon et veendo et entendendo que he noso probeyto et da dita iglesia et de nosos suçesores, damos aforo et avervo a vos Afonso Peres, morador en a villa de Rivadavia, que estades presente, et a outras duas persoas despoys de voso finamento, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tenpo de voso finamento, et a outra qual nomear aquela persoa que por vos for nomeada, et se por ventura non foren nomeadas que seian aquelas persoas que herdaren vossos bees de dereyto. Conben a saber que vos aforamos o lugar de Ventosela que he en Rivadavea, que he da dita amystraçon do dito mes de mayo, o qual dito lugar vos aforamos como dito he a vos et a as ditas persoas con todas suas herdades et vinas et casas et adegas et arvores et montes et prados et pascos et entradas et saydas et jures et senorio del, et con todas outras suas dereyturas et pertenenças, segundo perteesçe a nos et a a dita amystraçon, a montes et a fontes, onde quer que vaan et perteescan a o dito lugar de Ventosela, sub signo de San Payo de Castrelo de Veyga, et sub outros quaesquer signos et lugares que vaan que perteescan a o dito lugar, segundo que os tevo en foro Rodrigo Afonso [...] de [...], voso padre, et segundo que o vos ora teedes et usades et posoydes a jur et a mao, a a tal pleyto et condiçion que vos, o dito Afonso Peres, lavredes et paredes ben as herdades et vinas do dito lugar, et tiredes et quitedes de montes as que en el jasen et as ponades et plantedes de vinas d’aqui ata dous anos primeyros seguentes, et mantenades as casas et adegas do dito lugar feytas et cubertas et ergidas et [...]das; et dedes de foro et penson de cada ano a o dito deam, ou a seu çerto recabdador, ou aquel que for amystrador da dita amystraçom do dito mes de mayo, ou a seu çerto recabdo como dito he, tresentos maravedis de moneda vella et de longos, ou tresentos ou tresentos (sic)  et viinte maravedis de curtos, qual outro quiser o dito amystrador, a tres brancas et hun dineyro por cada moravedi, et se desfaleçer et mingoar esta moneda que non valla a contia que ora val que vos, o dito Afonso Peres, seiades tiudo et obligado et as ditas persoas que despoys de vos suçederen en o dito foro de o pagar da moneda que andar chaamente de mercador a mercador et que se correr por lo Reyno, et que os dedes et paguedes en cada hun ano a o dito amystrador, ou a seu çerto recado, en a villa de Chantada por dia de Pascoa de Resureuçon et en outro dia seguente en todo o dia, et o dito amystrador que seia teudo et obligado da yr ou enbiar a reçeber os ditos maravedis en cada hun ano a o dito praço a a dita villa de Chantada, et non pagando vos, o dito Afonso Peres, ou cada huna das ditas persoas o dito foro por espaçio de dous anos continuus hun pus outro, que pergades o dito foro; et outrosy que as outras persoas, que depoys de vos suçederen et quedaren por persoas do dito foro, seian teudas et obligadas de o vir reçeber do dito cabiidoo do dia que en el quedaren et suçederen por persoas ata triinta dias primeyros seguentes cada huna delas como ficar foreyro et vos do dito lugar et foro, non no viindo reçeber do dito cabiidoo que por ese meesmo feyto perga o dito foro. Et por esta presente carta de aforamento damos poder comprido a vos, o dito Afonso Peres, que vos durante o tenpo de voso foro ou das persoas del posades aforar et aforedes a omes labradores et sinples as herdades et montes do dito lugar para que as labren et tiren et saquen de monte et as posam usar et posoyr durante o tempo do dito voso foro como dito he. Et a finamento da pustrumeyra persoa que suçeder en o dito foro que as herdades et vinas do dito lugar fiquen lavradas et ben reparadas, et as casas et adegas del feytas et cubertas et ergidas et portadas et ben reparadas a a dita iglesia de Lugo, cuias son, con todos los boos paramentos que en elas foren feytos; et outrosy vos, o dito Afonso Peres, nen as ditas persoas, nen algun de vos avedes de vender, nen eallar, nen supinorar este dito foro nen parte del a dona, nen cavaleyro, nen escudeyro, nen outro onme poderoso algun sen mandado ou consentimento do dito cabidoo, et se feserdes o contrario que pergades o dito foro.

Et eu, o dito Afonso Peres, que presente estou asy reçebo o dito foro de vos, o dito deam, et persoas et benefiçiados da dita iglesia por las maneyras et condiçoes sobreditas para min et para as ditas persoas et obligo a min et a todos meus bees et seus de o comprirmos et pagarmos et atendermos en todo segundo et en a maneyra que dita he. Et nos, o dito cabiidoo, con outorgamento do dito dean et amystrador asy vos lo outorgamos, et porque todo esto seia çerto rogamos et mandamos a o notario iuso escripto que fesese de todo esto duas cartas de foro anbas feytas en hun tenor, huna para vos, o dito Afonso Peres, et para as ditas persoas et a outra para nos, o dito cabiidoo, et as signase de seu signal, et por mayor firmedue mandamos seelar a carta de vos, o dito Afonso Peres, con o seelo do dito cabiidoo.

Que foy feyto et outorgado en a çiudade de Lugo dentro en o coro da dita iglesia de Lugo, quatro dias do mes de junyo, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et des et sete anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron esto que sobredito he: o dito don Juan Martines, deam de Lugo et amystrador; et don Afonso Lopes, chantre de Lugo; don Lopo Dias, mestrescola; don Rodrigo Afonso, juys; Lopo Ferrnandes, Juan Yanes, Afonso Teyxeyro, Juan Lopes, Juan Dias, Nuno Gomes, Lopo Afonso, coengos da dita iglesia de Lugo; Afonso Rodrigues, Fernan Rodrigues, Fernan Ferrnandes, raçoeyros; Mestre Juan, porteyro do dito cabiidoo, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a todo esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et este publico instromento fis scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Ferrnandes, notario.