GMH/ÍNDICE A-Z

893
1399, decembro, 5. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlles a Gonzalo Méndez e á súa muller e a unha voz as herdades do casal de Valoira, na freguesía de Santiago de Saamasas, por renda anual de cinco marabedís.
MADRID, AHN, Cód. 420 B, fol. 25v; Libros, lib. 6332.

Sabeam todos commo nos o dean et persoas et coengos et omes boos do cabiido da iglesia de Lugo estando juntos dentro enno coro da dita iglesia en noso cabiido, segundo que avemos de uso et de custume, avido entre nos nosa deliberaçon et conssello segundo mandan nosas custumes et costituyçoes et da dita nosa iglesia, et parando mentes que he proveyto et onrra dela, aforamos et damos en foro a vos Gonçalvo Meendes, mercador et visinno da çibdade de Lugo, et a vosa muller, Maria Nova, et a huna persoa qual o postremeyro de vos nomear en vida ou a tempo de voso finamento, et se por ventura non for nomeada que seya aquel ou aquella que de dereyto herdar vosos bees ou da dita vosa muller, as nosas herdades dos aniversarios chamadas do casal de Valoyra, que jase sub signo de Santiago de Samasas et arredor da villa d’Aboyn et en Rianxeyro, et dela fonte de Santa Maria a o caminno do Castineyro commo ven a Porta Nova, et da Porta Nova commo ven a Porta Minaa por lo caminno que desçende a Pousadela et a Pumarinno contra o vao de Samasas, a montes et a fontes, per ut que que vaan sub os terminos sobreditos et en outros quaesquer lugares perteesçentes a o dito casal, segundo que as trouxo et husou Fernan Peres, notario, et segundo que as tinna en foro Rodrigo Afonso da Ribaeyra, coengo que agora he da dita iglesia, a tal condiçon que vos, o dito Gonçalvo Meendes, et vosa muller que a lavredes ou façades lavrar et parar ben as ditas herdades et sacarlas de monte donde iouveren en monte, et manteerlas lavradas en boo paramento vos et a dita vosa muller et persoa que suçeder despoys de vos enno dito foro; et avedes a a dar de foro en cada hun anno vos et a dita vosa muller et persoa çinquo moravedis longos, et avedeslos a pagar a aquel que for moordomo dos aniversarios da dita iglesia a os terminos que se acustuman de pagar os outros foros dos aniversarios da dita iglesia de Lugo aqui en esta çibdade; et a finamento de vos et da dita vosa muller et persoa que as ditas herdades fiquen livres et quitas et desenbargadas a a dita iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que en elas foren feytos.

Eu, o dito Gonçalvo Meendes, que presente estou por min et por la dita minna muller et persoa asi reçebo de vos, o dito cabiido et persoas et omes boos, o dito foro et obligo meus bees et seus delas a comprirlo et pagarlo segundo se en el conten. Et porque seya çerto nos as partes rogamos et mandamos a o notario de juso escripto que faça desto duas cartas de foro anbas en hun tenor, huna para nos o dito cabiido et outra para vos o dito Gonçalvo Meendes et vosa muller et persoa.

Que foron feytas enna çibdade de Lugo, çinquo dias do mes de desenbre, anno do naçemento de noso sennor Ihesu Christo de mill et tresentos et noveenta et nove annos.

Testemoyas que foron presentes: don Johan Martines, dean de Lugo; don Afonso Lopes, chantre; don Alvar Dias, arçidiago de Aveancos; don Diego Alvares, arçidiago de Neyra; don Johan Garçia, thesoreyro; Johan Yanes, Lopo Fernandes, Afonso Teyxeyro, coengos, et outros.

Et despoys desto o dean de Mondonedo outorgou este foro sobredito segundo et enna maneyra que sobredito he.